ESTA VEZ SÍ. Todocelta está de volta, e desta vez, cun novo dominio, www.todocelta.net. O vindeiro 01/02/2011 estreamos a nova web, a que esperemos que sexa a web do ascenso!!
Estade atentos.
ESTA VEZ SÍ. Todocelta está de volta, e desta vez, cun novo dominio, www.todocelta.net. O vindeiro 01/02/2011 estreamos a nova web, a que esperemos que sexa a web do ascenso!!
Estade atentos.
Archivado bajo TodoCelta
TodoCelta comeza unha nova andaina.
Despois dun longo tempo de inactividade, vémonos con forzas para recuperar o noso recuncho celeste na rede, pero, desta volta, a través da maior rede social existinte na actualidade, Facebook.
Nutríndonos da nosa grande base de datos creada ao longo de tres anos de existenza, recuperamos o seguimento da actualidade celeste, co noso estílo particular que nos fixo famosos na rede.
Asi que non perdas tempo, e agréganos no teu FaceBook.
Este ano sí!!!!!!
Archivado bajo Casa Celta, TodoCelta

O Celta caeu no seu debut ante o Numancia de xeito inxusto: un erro individual supuxo o primeiro tanto do rival, unha xogada illada traduciuse no gol da vitoria dos sorianos, dominados con claridade polos celestes na segunda metade. Trashorras anotou o gol dun Celta moi superior tralo descanso, pero castigado polo infortunio.
Archivado bajo Liga

19.56h: Final do encontro. Derrota xusta do RC Celta no primeiro encontro de liga.
19.54h: Paradon de Falcon, que evita o terceiro do Numancia
19.49h: Remate de cabeza dentro da area de Catala, que se marcha alto.
19.47h: Gran ocasion de Joselu que non atinou a levar o empate ao marcador. Balaidos aplaude a pesar do resultado.
19.40h: O Celta non baixa os brazos da man de Botelho e Joselu
19.38h: GOL DO NUMANCIA: Golazo de Dimas
19.34h: Gran ocasion de Joselu que non deu rematado ao centro de Botelho
19.33h: Entra Palacios (Central) e sae Barkero (Mediapunta) e entra Quique Sola (Dianteiro) por Iñigo Velez (Dianteiro)
19.31h: O Celta segue apretando. Varias intentonas de Joselu e Trashorras.
19.29h: Carton Amarelo para Valenciaga. Entra Nagore no Numancia
19.23h: Carton Amarelo para Jayo
19.22h: Disparo dende a frontal de Barkero que se marcha a dereita de Falcon
19.20h: Terceira ocasion de perigo seguida do RC Celta desta volta, obra de Joselu. Nervios no Numancia
19.17h: Nova ocasion de gol nos pes de Roberto Trashorras que a piques estivo de marcar o segundo golazo do encontro.
19.15h: O Celta vense arriba despois do gol e expoleado polos 7000 siareiros que asisten en directo ao encontro.
19.13: GOOOOOOOOOOL DO CELTA: Golazo de Trashorras
19.10h: GOL DO NUMANCIA: Iñigo Velez fai xustiza e establece o primeiro tanto despois dunha mala xogada defensiva dos de Eusebio.
19.00 h: A piques de comezar a segunda metada, o Celta intentara mellorar a imaxe ofrecida na primeira parte onde os de Eusebio amosaron falta de ideas e de pegada fronte a un Numancia lixeiramente superior.
Archivado bajo En Directo

O Real Club Celta inicia este sábado a súa andaina na tempada 2009/21010 cun interesante partido ante un recén descendido, o CD Numancia (Balaídos, 18.00 horas). O club fixou para este encontro prezos económicos, entre 10 e 25 euros, có fin de propiciar que o equipo se sinta arroupado no seu ilusionante debut. Ademais, por só 5 euros máis os afeccionados poderán adquirir unha entrada para o partido de Copa ante o Real Unión.
Archivado bajo Casa Celta

Eusebio Sancristán chega sen experiencia en Segunda División e cun currículo como técnico pegado ao Barcelona, onde foi axudante de Frank Rijkaard. Trátase dun ex xogador do Celta, dúas tempadas na década dos noventa e como futbolista sobresaíu pola súa capacidade técnica. A súa carreira deportiva realizouse no Atlético de Madrid, Valladolid e FC Barcelona onde viviu os seus mellores anos.
O seu primeiro labor será conseguir a permanencia en Segunda, para o que necesita un mínimo de 17 puntos máis, e a partir de aí comezar a construír o proxecto da próxima tempada. Esta tarde será presentado e a partir do mércores comezará a adestrar ao equipo con míralas postas no seu debut o sábado ante o Huesca nun partido de alta voltaxe.
Sete meses foron suficientes para pór fin á etapa de Pepe Murcia á fronte do Celta. Como lle sucedeu nos seus tres equipos anteriores, en Vigo tampouco pasou dunha curta experiencia. Os seus números van por refachos e igual que lle sucedeu no Atlético de Madrid ou Xerez, os seus momentos bos son tan álxidos como profundas as súas caídas. Isto levoulle a non ser capaz de completar unha tempada en ningún dos últimos catro clubs aos que dirixiu.
Archivado bajo Casa Celta

Despois de pouco máis dun ano online, TodoCelta.com estrea a versión 2.0 do seu site. Cun novo deseño totalmente remozado esperamos que a nosa nova web estea a altura dos nosos lectores.
Podedes descobrir o novo todocelta.com entrando no noso enderezo habitual.
Archivado bajo TodoCelta

Marián Mouriño, Directora de Marketing da entidade celeste dará unha rolda de prensa en Balaídos ás 18.00h onde informará dos resultados acadados nesta longa campaña de abonados.
O RC Celta diminuiu ao redor dun 20% o prezo dos abonos, ao mesmo tempo que puxo en marcha novedosas iniciativas como o “avonetiño”, as bancadas laterais en Tribuna e Río, etc. Todo isto foi acompañado polo polémico spot emitido en radios e televisións ao longo das últimas semanas.
Nas derradeiras datas o Presidente da entidade avanzou unha melloría nos datos do anterior descenso ao igual que un incremento da asistencia media en comparación coa última campaña en Segunda.
Archivado bajo Casa Celta, Celtismo