TodoCelta – Celta de Vigo

Os Protagonistas do Clásico

Posted by: karlinhos on: Noviembre 21, 2006

Xa estamos de resaca. De resaca do derbi, claro. Aínda que non dispoñemos de moito tempo xa que o xoves xogaremos en Inglaterra fronte ao Newcastle, agora é o momento da análise e dos que foron os protagonistas do partido.

Sen dúbida temos que destacar a Nené, autor do gol, o excelente partido de Canobbio e o “debut” de Yago.

NENÉ

Estou moi contento e feliz. Para nós e a xente de Vigo era o partido máis importante da Liga. Grazas a Deus saiunos todo ben e volvemos cunha vitoria”.

O brasileiro onte era a imaxe da felicidade. Aínda que despois do partido non quixo realizar ningunha declaración, onte non puido aguantar e expresou a súa felicidade.Nené acadaba o seu cuarto gol esta temporada. Outro gol importante foi o do Bernabeu, aínda que para el non significa nada marcar neses importantes escenarios.

“É normal que estea feliz, os goles son para iso, pero o importante é que o equipo consiga gañar. Así o que temos é dobre felicidade”.

CANOBBIO

O charrúa é un xogador de grandes citas. A de Riazor era unha delas e como non, apareceu. Realizou un gran partido marabillando coa súa calidade e xogo. Motivación non lle faltaba:

“O clásico é o partido máis importante do ano polo que significa para a nosa afección e hai que gañalo sempre”

“Quédome coa actitude do equipo. Onte demostramos que cando xogamos en conxunto, ben arroupados, podemos facerlle fronte a calquera rival.”

YAGO

Yago Yao volveuse a sentir futbolista o domingo na Coruña. Despois de dous anos sen xogar ao fútbol, o céltico tivo a gran responsabilidade de re-debutar nada máis e nada menos que nun derbi, e fóra da casa. E non lle podía ter saído mellor. Cuaxou un gran partido e en ningún momento deu mostras de debilidade ou inseguridade. Ata o adestrador, poco propenso a personalizar, tivo unha mención especial para o 19 celeste, ao que considera “xa recuperado e apto para xogar”

- O Celta inscribiulle para esta tempada coa incerteza de se podería xogar un partido oficial. De feito, o adestrador non lle incluíu en moitas convocatorias.
-En catro ou cinco, nada máis.

-Ante a pouca atención que espertaba no técnico, ¿chegou a pensar que non xogaría en todo o ano?
-Non, non. A ilusión sempre a mantiven, malia que houbo momentos difíciles ao ver que non chegaba o momento de participar e competir co equipo; pero a fe nunca a perdín e sempre traballei para estar preparado para cando me chegase a oportunidade.

-Xogou de titular nun clásico en Riazor. ¿Que significado ten ese partido para vostede?
-Non hai dúbida de que me vai a reforzar a moral no meu traballo, e espero que o míster váiame dando confianza para xogar máis minutos. Será unha data moi especial para min porque non é só reaparecer en competición oficial senón nun partido tan importante como o derbi. Vai ser unha data sinalada na miña carreira deportiva.

-¿Como acolleu as palabras de Fernando Vázquez nas que admitiu que “esas dúbidas que tiñamos quedaron resoltas para sempre” e que Yago “confirmouse como unha alternativa válida”?
-Son moi importantes para min porque son consciente, e é lóxico, que ante tanta inactividad xerásense dúbidas sobre a miña capacidade de poder competir. Eu sentíame ben pero non podía competir e demostralo, polo que esas dúbidas seguían no aire. Este domingo, e grazas a que o míster apostou por min, puiden demostrar que estou ben.

-Están a piques de cumprirse dous anos da súa grave lesión. ¿Temeu nalgún momento pola súa recuperación total para o fútbol?
-O día que me lesionei tiven moitas dúbidas porque era unha lesión importante e descoñecida para min. Neses momentos pensei se tería que retirarme. Pero, deseguido, os médicos dixéronme que ía ser un proceso lento, de moito traballo, pero que quedaría ben. E a verdade é que a lesión está esquecida e estou fenomenal.

Escribe un comentario

logo2009

..::: RE-COMEZANDO ... 41 % :::..

Watch videos at Vodpod and other videos from this collection.

Calendario

Noviembre 2006
L M X J V S D
« Ago   Dic »
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930  

Visitas

  • 202,419