Seguimos adiante
Sen apenas tempo para o desfrute, o Celta (e nós) debemos mirar cara adiante. O xoves os vigueses temos unha cita importantísima fronte ao Newcastle inglés, no segundo encontro que imos desputar nesta liguiña da Copa da Uefa.
O St.James Park será o escenario dun encontro no que o Celta volverá a estar moi mermado polas baixas, aínda que coa moral polas nubes despois da victoria en Riazor.
SÓ RECUPERAMOS A GUSTAVO
Ou polo menos eso é o que esperamos. O arxentino xa quería reaparecer en Coruña, aínda que finalmente non puido ser así. A súa lesión non cicatrizara de todo e os médicos aconsellaron ao 11 celeste que non xogara. Gustavo tivo que gardarse as súas gañas de revancha e seguir coa súa recuperación.
Os médicos confían en recuperar ao xogador, aínda que onte volveu a adestrarse en solitario. A routura de fibras está a dar maiores dores de cabeza das que se podían agardar.
Se finalmente non se pode contar co concurso do arxentino, Vazquez só disporía de 14 xogadores e teriamos que volver a tirar do filial. Lembrade que Tamas tamén está sancionado por recibir tres cartóns amarelos na competición europea.
O NEWCASTLE TAMÉN TEN BAIXAS
Non só o Celta está castigado polas lesións. Os ingleses tamén arrastrar máis de un mancado, sobre todo na liña de ataque.
As lesións de Michael Owen e do nixeriano Shola Ameobi deixan ao equipo con só tres opción na liña ofensiva, entre as que destacan un vello coñecido para a afección viguesa, o ex-deportivista Albert Luque, que non está a entrar nos plans do adestrador. Despois de marcar fronte ao Palermo, o dianteiro catalán non volveu xogar un encontro.
O Newcastle está a firmar unha desastrosa temporada en Liga, na que ocupa o decimooitavo posto, e non lle queda outra que aferrarse á competición europea para intentar lavar un pouco a súa imaxe. De momento non lle vai nada mal, xa que conseguiu vencer ao favorito do grupo, o lider da Serie A Palermo.



Noooooooo queremos un día máis de resaka do derbi!!!!! que agarde a UEFA un pouquiño!!!! jejeje
A por eles, temos que demostrar que podemos sair adiante en Europa tamén!!!
Hala Celta!!! Á conquista de Europa!!!