Archivo

Archivo para Enero 2007

Areias, novo xogador celeste ata Xulio

O Real Club Celta de Vigo chegou a un acordo hoxe a noitiña co Futebol Clube de Oporto, para obter a cesión do futbolista Miguel Alexandre Areias Lopes ata o 30 de Xunio de 2007. De momento as novas son máis ben escasas e non se saben de momento os termos da cesión. A presentación do futbolista terá lugar o día 1 de Febreiro ás 12:00 nas instalacións de A Madroa.

MIGUEL ALEXANDRE AREIAS LOPES:

Data de nacemento: 02/06/1977
Pais
: Portugal
Anterior Clube: Standard Lieja
Dorsal: 34
Posición: Lateral esquerdo ou central (o que pedía Vazquez)
Altura: 1.89
Peso: 82Kg
Estatísticas na tempada 2006/2007:

1 Gol na xornada 13 fronte o Saint-Trond
3 Cartóns amarelos (xornadas 8, 11 e 13)

Clubes nos que militou:
SC Beira MAr (2001/2004)
F.C. Oporto (2004/2005)
Boavista (2005/2006)
Standard Lieja (2006/ xaneiro 2007)
Real Club Celta (xaneiro 2007/xulio 2007)

Categorías:Casa Celta, Liga

Bamogo xa é do celta

Enero 31, 2007 kikinhogz Deja un comentario

O celta pechou definitivamente a contratación do dianteiro francés Habib Nomwaya Bamogo. O dianteiro francés foi presentado esta mañá de mércores, nas instalacións da Madroa, como novo xogador do Celta e xa adestrou co resto dos seus compañeiros. O galo, chega en calidade de cedido ata o 30 de xuño deste 2007 e o Celta terá unha opción preferencial para mercalo polas vindeiras catro tempadas. O xogador amosouse moi ilusionado e contento da súa nova étapa en Vigo. Levará o dorsal número 10 as costas, que anteriormente levaron nomes tan importantes como Gudelj, Mostovoi, Jandro ou Javi Guerrero o ano pasado.

Categorías:Casa Celta, Mercado

Espéranse máis fichaxes

Enero 31, 2007 kikinhogz 1 Comentario

O capítulo de fichaxes todavía non se pechou neste Celta, según indicou en rolda de prensa o seu presidente, Carlos Mouriño, esta mesma mañá. Como xa é habitual, o Celta vai apurar ata o peche deste mercado invernal para intentar reforzar ao equipo. Ata o derradeiro intre haberá que estar atento ás evolucións do “presi” e de Félix.

Dúas son as posicións nas que pode haber novidades. No lateral os esforzos céntranse no lateral do CSKA de Sofía, Tiago Silva de 27 anos e o portugués cedido polo Oporto ao Standard de Lieja (primeiro rival do Celta na UEFA esta tempada), Miguel Areias de 30 anos. Ningús dos dous xogadores poderían xogar a UEFA co Celta xa que ambos disputaron xa competición europea esta tempada. A contratación do brasileiro está bastante lonxe e difícil mentres que a do portugués está un pouco máis preto. De todos xeitos, Mouriño recoñeceu que barallan algún nome máis que podería dar a sorpresa.

Por outra banda o Celta tampouco descartou a chegada doutro dianteiro. Se finalmente chega, este será doutras características totalmente distintas ás de Bamogo. Sería un “nove” nato, un dianteiro centro potente que sirva de referencia e fixe ás defensas. Haberá que agardar ata ás 12 da noite…

Categorías:Mercado

A chegada do lateral está compricada

Enero 31, 2007 kikinhogz Deja un comentario

Á falta de moi poucas horas para o peche oficial do mercado de fichaxes a chegada do lateral antóxase moi difícil. As últimas noticias chegadas desde casa Celta, aseguran que Fabiano Lima está lonxe xa que o seu club, o Genova, non accede a unha cesión e so deixaría marchar ao brasileiro mediante un traspaso.

Polo que parece, outro ano máis teremos que agardar ata o último intre para coñecer a composición da plantilla no final de tempada. Esperemos que Félix garde un as na manga…

Categorías:Mercado

Milos Bursac, o goleador no barro

Enero 31, 2007 kikinhogz Deja un comentario

Hoxe na nosa habitual sección de Fiascos Históricos temos a un xogador que moitos de vós recordaredes xa que xogou no noso equipo a comezos dos 90, trátase de Milos Bursac.

Milos Bursac naceu o 23 de xuño de 1964 en Belgrado (Serbia). O dianteiro serbio comezou a súa carreira no Hadjuk Split (Croacia) na tempada 83/84. Despois de este breve paso polo equipo crota chegou ás filas dun equipo da antiga Yugoslavia, o Sutjeska. Xogou varios anos neste equipo, algúns con bastante éxito chegando algún ano a acadar a nada despreciable cifra de 20 goles. A tempada 88/89 deu o salto a un equipo grande fichando polo Estrella Vermella de Belgrado (onde coincidiría con Ratkovic). O ano seguinte chega a Europa da man do Tolouse francés. Despois dunha gran tempada asina polo Olympique de Lyon francés onde xoga dous anos tendo un papel aceptable.

O ano seguinte chega ao Celta de Vigo (tempada 92/93). Por mor dunha lesión non pode debutar ata a xornada 6 na derrota fronte ao Espanyol de Barcelona por 0-1. O seu mellor partido co equipo vigués foi na victoria fronte á Real Sociedade onde marcou dous goles e convertiuse nun mito pra a afección celeste. Este partido xogouse nun estadio de Pasarón embarrado e case impracticable debido as torrenciais choivas que caeron nesas datas na cidade pontevedresa (disto viu o alcume do xogador de barro). Bursac non triunfou e foise ao rematar a tempada.

O seu seguinte destino foi o Marbella que daquelas xogaba na segunda división. En 1996 decidiu retirarse unha tempada do fútbol. Volveu na 2002/03 e rematou a súa carreira na tempada 2003/04, no Racing Mol-Wezel (2ª división belga), con 40 anos despois de xogar 20 tempadas ao fútbol de elite.

Bursac era un xogador potente, con gol e que viña coa vitola de tamén ter un gran manexo do balón, aínda que aquí non demostrou nada. Como anécdota destacar que no seu paso polo Celta tan só fixo os dous goles do partido fronte á Real. Chegou a xogar 14 partidos pero non volveu a marcar. Bursac, incluso, chegou a xogar coa selección yugoslaba absoluta en dúas ocasións.

Milos Bursac, un trotamundos do fútbol.

Categorías:Fiascos Históricos

Comprícase Bamogo

Enero 30, 2007 karlinhos Deja un comentario

A cesión do dianteiro francés de orixe burquinés semella compricarse por momentos.

Hoxe suspendeuse a presentación do xogador e aínda a estas horas séguese a traballar nesta fichaxe que segundo fontes do clube, estase a demorar por motivos burocráticos.

Con todo, espérase que o dianteiro de 24 anos se incorpore mañá ao grupo, as ordes de Fernando Vázquez.

Categorías:Casa Celta, Mercado

Milorad Ratkovic, o zurdo elegante

Enero 30, 2007 kikinhogz 4 comentarios

Hoxe na nos Mitos Celestes teremos a un xogador querídisimo pola afección, o serbio Milorad Ratkovic.

Milorad Ratkovic naceu en Zenica (Serbia) o 11 de outubro de 1964. Comezou xogando nas categorias inferiores no Estrela Vermella de Belgrado. No ano 1987 sube á primeira plantilla do equipo serbio. No 1990 (despois de tres tempadas) fichou polo Borac B.L. (tempada 90/91). Despois de este ano, volta ao Estrela Vermella (91/92) e consigue a copa intercontinental xogando con homes como Jugovic, Savicevic, Mihajlovic ou Pancev e vellos coñecidos da afección da nosa liga comoBelodidici ou Stosic (no ano anterior xogou Prosinecki antes de recalar no Madrid). Ese ano chamou a atención do Celta.

Chega ao Celta de Vigo na tempada 92/93. Desde a súa chegada Ratkovic fíxose sen problema dono e señor da banda esquerda de Balaídos. Permaneceu no Celta ata a tempada 97/98. Nestes anos está ás ordes dos adestradores Chechu Rojo, Carlos Aimar, F.Castro Santos e Irureta.O serbio, en todo este tempo co celta, chegou a xogar a final de copa de Madrid fronte ao Zaragoza e participou no primeiro ano que o Celta clasificou pra a copa UEFA.

Despois desta clasificación Ratkovic saíu do Celta cara ao Sevilla da man do seu antigo adestrador Fernando Castro Santos. Pero ao adestrador galego non lle foi ben na súa aventura andaluza e foi destituido pouco despois de comezar a tempada. Milorad deixou o equipo en febreiro pra liberar unha praza de extranxeiro no equipo de Nervión (que daquelas xogaba na segunda división). Despois desta infructuosa experiencia no Sevilla, volveu á súa terra natal pero non sería por moito tempo.

Ratkovic volveu a Vigo pra colaborar nas categorías inferiores do Celta. Actualmente é o adestrador do equipo de cadetes co que está a acadar moi bos resultados e é moi querido tanto por afección coma polos xogadores.

Ratkovic foi un centrocampista zurdo moi ofensivo cun gran manexo de balón. Posuía un disparo excepcional e case todolos goles que marcou co Celta foron dunha beleza extraordinaria. Cando estaba entonado era prácticamente imparable, chegaba con moita calidade á liña de fondo e poñía uns centros excepcionais. Co Celta xogou un total de 134 partidos na primeira división marcando 15 goles.

Milorad Ratkovic, sen dúbida un grande que a grada de Balaídos non esquecerá.

Categorías:Mitos Celestes

E chegou Bamogo…

Enero 29, 2007 kikinhogz Deja un comentario

Despois de tantos e tantos rumores e os diferentes nomes que saltaron á palestra, por fin o Celta xa ten o seu elixido, Habib Bamogo. As negociacións co Olympique de Marsella están moi avanzadas aínda que non rematadas. Esta mañá someterase ás habituais probas médicas e, se se chega a un acordo a tempo, será presentado as 19:00 horas.

O ariete permanecerá na entidade viguesa en calidade de cedido ata o final de tempada, e o Celta terá unha opción de compra a final de tempada pra mercar ao francés polos próximos catro anos. Os números da opción de compra aínda non se fixeron públicos.

Tal e como manifestou Mouriño, presidente do conxunto celtiña, este reforzo supón a chegada: “Dun xogador que esperamos axúdenos a saír deste bache. Como dianteiro centro o fixo moi ben e cremos que encaixa dentro do perfil que estabamos buscando. Ten 24 anos e un futuro espléndido por diante“.

Á súa chegada á cidade galega, o futbolista mostrouse satisfeito ao recalar en: “Un bo equipo, ao que espero aportar calidade. Coñezo ao Celta polos xogadores franceses que pasaron por aquí e porque desde que tiña 18 anos estiveron interesados en min. Por iso estou contento de recalar aquí”.

Categorías:Casa Celta, Mercado

Polideportivo

Enero 29, 2007 kikinhogz Deja un comentario
Categorías:Polideportivo

Cometal Celta Vigo 0 – 3 Benicarló Onda Urbana

Enero 29, 2007 kikinhogz Deja un comentario

COMETAL CELTA VIGO F.S.: Cometal Celta Vigo F.S.: Edu(p), Purao, Formiga, Ari, Leandro- cinco inicial- Gustavo, Vinicius, Carlos Sánchez, Chelito, Indiao
BENICARLó ONDA URBANA: Benicarlo Onda Urbana: Leandro(p), Parrel, Vadillo, David, Valença- cinco inicial- Tete, Esteban, Frede
GOLES: min. 12, 0-1 Vadillo; min.36, 0-2 Frede; min. 36, 0-3 Leandro;
ÁRBITROS: Cid Bragado(Orense) e Miguel de Mena(Zamora)
INCIDENCIAS: Pabellón das Travesas ante 2500 espectadores.

Como auguraban os adestradores viviuse no Pabellón das Travesas un partido moi bronco e completamente baseado nas férreas defensas de ambos equipos. O Cometal Celta empezou moi metido no partido e pronto foi creando ocasións. No minuto 2 do encontro Ari achegouse á meta defendida por Leandro pero o lanzamento foise desviado, mentres que o Benicarló respondía á contra pero sen excesivo perigo. Leer más…

Categorías:Celta FS