TodoCelta – Celta de Vigo

Milorad Ratkovic, o zurdo elegante

Posted by: kikinhogz on: Enero 30, 2007

Hoxe na nos Mitos Celestes teremos a un xogador querídisimo pola afección, o serbio Milorad Ratkovic.

Milorad Ratkovic naceu en Zenica (Serbia) o 11 de outubro de 1964. Comezou xogando nas categorias inferiores no Estrela Vermella de Belgrado. No ano 1987 sube á primeira plantilla do equipo serbio. No 1990 (despois de tres tempadas) fichou polo Borac B.L. (tempada 90/91). Despois de este ano, volta ao Estrela Vermella (91/92) e consigue a copa intercontinental xogando con homes como Jugovic, Savicevic, Mihajlovic ou Pancev e vellos coñecidos da afección da nosa liga comoBelodidici ou Stosic (no ano anterior xogou Prosinecki antes de recalar no Madrid). Ese ano chamou a atención do Celta.

Chega ao Celta de Vigo na tempada 92/93. Desde a súa chegada Ratkovic fíxose sen problema dono e señor da banda esquerda de Balaídos. Permaneceu no Celta ata a tempada 97/98. Nestes anos está ás ordes dos adestradores Chechu Rojo, Carlos Aimar, F.Castro Santos e Irureta.O serbio, en todo este tempo co celta, chegou a xogar a final de copa de Madrid fronte ao Zaragoza e participou no primeiro ano que o Celta clasificou pra a copa UEFA.

Despois desta clasificación Ratkovic saíu do Celta cara ao Sevilla da man do seu antigo adestrador Fernando Castro Santos. Pero ao adestrador galego non lle foi ben na súa aventura andaluza e foi destituido pouco despois de comezar a tempada. Milorad deixou o equipo en febreiro pra liberar unha praza de extranxeiro no equipo de Nervión (que daquelas xogaba na segunda división). Despois desta infructuosa experiencia no Sevilla, volveu á súa terra natal pero non sería por moito tempo.

Ratkovic volveu a Vigo pra colaborar nas categorías inferiores do Celta. Actualmente é o adestrador do equipo de cadetes co que está a acadar moi bos resultados e é moi querido tanto por afección coma polos xogadores.

Ratkovic foi un centrocampista zurdo moi ofensivo cun gran manexo de balón. Posuía un disparo excepcional e case todolos goles que marcou co Celta foron dunha beleza extraordinaria. Cando estaba entonado era prácticamente imparable, chegaba con moita calidade á liña de fondo e poñía uns centros excepcionais. Co Celta xogou un total de 134 partidos na primeira división marcando 15 goles.

Milorad Ratkovic, sen dúbida un grande que a grada de Balaídos non esquecerá.

4 comentarios para "Milorad Ratkovic, o zurdo elegante"

[...] que perdemos fronte ao Zaragoza nos penaltis) xogaban no celta homes tan importantes como Gudelj, Ratkovic, Andrijasevic, Vicente ou Engonga. Debutou co equipo vigués no derbi que abría a Liga fronte ao [...]

[...] deu o salto a un equipo grande fichando polo Estrella Vermella de Belgrado (onde coincidiría con Ratkovic). O ano seguinte chega a Europa da man do Tolouse francés. Despois dunha gran tempada asina polo [...]

[...] – Gabriel Lezcano – Ademir Vieira – Mauro – Valeri Karpin – Venancio – “Loco” Fenoy – Milorad Ratkovic – Jimmy Haggan – [...]

Zenica – where Ratkovic was born is not in Serbia. It is in central Bosnia.

Escribe un comentario

logo2009

..::: RE-COMEZANDO ... 41 % :::..

Watch videos at Vodpod and other videos from this collection.

Calendario

Enero 2007
L M X J V S D
« Dic   Feb »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  

Visitas

  • 202,419