Inicio > Casa Celta > Match Ball

Match Ball

A derrota fronte ao Espanyol puxo aínda máis en perigo a continuidade de Fernando Vázquez a cargo do equipo. A pesar da ratificación “con tódalas consecuencias” realizada pola directiva, o Celta segue a sondear o mercado en busca dun posíbel sustituto.

O partido fronte ao Osasuna semella ser a última oportunidade para un adestrador que, cada vez se atopa máis só diante desta perigosa situación.

A pesar da confianza demostrada polo consello, hoxe dende o clube deixase caer unha opción que non sería descabellada e incluso se podería considerar beneficiosa para ámbalas partes.

Fernando Vázquez podería abandonar o clube, presentando a súa demisión irrevocábel ao termo do encontro de Pamplona e con independenza do resultado acadado. Deste xeito, Vázquez marcharía do clube sen ser despedido e a directiva non tería que recúar na súa firme decisión do pasado luns.

Esta sería unha decisión pactada por ámbalas dúas partes e permitiría rematar unha situación como a actual dun xeito pouco traumático.

Esta, como tantas outras, é unha das teorías que circulan nos mentideiros celestes e que xa foi recollida por algún medio escrito. Só o tempo dará a razón.

Categorías:Casa Celta
  1. pai
    Febrero 14, 2007 a las 12:37 pm | #1

    Vazquez vete ya¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡

  2. pelukas
    Febrero 15, 2007 a las 12:06 am | #2

    ese pepo¡¡¡¡¡¡¡¡

    siempre estas donde hay polemika,y si no ya te encargas de crearla tu

  1. Aún no hay trackbacks