Tres xogadores do RC Celta participaron onte coas súas respectivas seleccións nos partidos de clasificación para a Eurocopa ou nos diversos amigabéis que se disputaron esta fin de semana.
ÁNGEL
O lateral canario foi onte titular coa selección de Luis Aragonés e contribuiu positivamente a acadar unha sufrida victoria fronte a Dinamarca.
O 8 celeste tivo un comezo titubeante pero finalmente acoplouse ben ao combinado español e cuallou unha boa actuación. Viu un cartón no minuto 84.
CANOBBIO
O uruguaio volveu á selección pola porta grande. Tivo un decisivo papel na victoria dos charrúas fronte a Corea Do Sur.
Carlos Bo, dianteiro uruguaio, foi o maior beneficiado da boa actuación do celeste, xa que marcou dous goles coa participación de Canobbio. No primeiro, Fabían iniciou a xogada do gol mentres que no segundo gol foi o celeste o que lle deu o pase para poñer o 2-0 no marcador.
PABLO GARCÍA
O mediocentro celeste foi titular onte coa selección uruguaia e contribuiu decisivamente a manter a orde defensiva que permitiu manter a porta a cero e vencer á Corea do Sur, unha selección que estaba invicta neste ano 2007.
Foi substituído no minuto 83 por Walter Gagano e como novidade indicar que non viu ningún cartón. xD
.
TAMAS
O xove central rumano do Celta foi titular onte con Romanía fronte a Holanda a pesar do informe médico que desaconsellaba a participación de Gaby coa súa selección.
Finalmente os médicos rumanos coidaron que os problemas do pube que acarrea o xogador non impedían o seu concurso no partido de onte fronte a Holanda, que finalmente rematou con empate a ceros e permite áos holandeses seguir lideres do seu grupo.
Esperemos que o central celeste non se vexa afectado no seu rendimento despois de xogar onte os 90 minutos.


Pingback: Buen papel de los internacionales celestes / celestes.org
A min unha vez o ano non me chega para nada. Kero mais seleccion galega, creo q todos temos dereito a ver xogar a nosa seleccion
non podia estar máis de acordo.
e que xoguen todos os convocados. que non fagan como o madrid que só deixa ir a quen lle interesa.
unha nacion, unha selección!
E eu igual, e a festa que se vive…sen palabras!!
Xa teño mono de outro partido da nosa seleccion