Posted by: karlinhos on: Mayo 9, 2007
O sufrimento é unha das máximas do Celtismo. Só asi se pode explicar comportamentos tan curiosos como os dos siareiros do RC Celta.
E é que, ás veces, é dificil explicar porque un equipo como o noso apenas reune 20.000 siareiros cando xoga Champions League fronte a todopoderosos como o Arsenal, pero roza o cheo cando se xoga a vida fronte ao Eibar na segunda división.
O Celtismo fai piña nos malos momentos. E non é que sexamos masocas, nin moitísimo menos, pero hai algo intrínseco ao xen celtista que nos fai botar pestes do noso equipo, desertar do estadio ao longo da temporada, pero que nos obriga a ir cando o equipo está moribundo.
E algo así está a acontecer agora. Voltamos á liga das estrelas co estadio semi baleiro. Probamos de novo as meles de Europa coa megafonía facendo eco nas paredes do estadio, pero acadamos grandes entradas fronte a rivais como o Bilbao ou o Mallorca, e este domingo, fronte ao Levante.
Vainos a vida nelo. É o celtismo o sabe. Por eso o municipal vigués vivirá a mellor entrada das últimas temporadas este domingo. Ou polo menos esto o que se espera.
O Celtismo sempre responde nos malos momentos. Non só acude en masa a bañarse á Praza América, senón que desfila cara o estadio cando o equipo está no abismo, coa incertidumbre de se sairá vivo dese envite, como un animal no matadeiro.
O domingo viviremos un novo episodio dramático, do que esperamos obter un final feliz. Pero sexa como sexa, o Celtismo estará aí, en Balaídos.
Últimos Comentarios