Posted by: karlinhos on: Julio 30, 2007

Hai uns días coñeciamos a creación dun novo site, zeltadevigo.com, que contará con diversos ex-membros de Casa Celta como columnistas, entre os que destaca Gustavo López.
Mentres, celestes.org segue a consolidarse como o primeiro referente informativo do equipo, con preto xa de 700.000 visitas. Destaca a súa riqueza multimedia e a súa interactividade. Este mes están a sortear a nova zamarra celeste.
O Flog do Celta (ao que pedimos “prestada” esta imaxe xD) continúa medrando a pasos axigantados grazas ás súas continuas actualizacións, entrevistas exclusivas e a súa gran interactividade cos usuarios. Ademáis, a creación da súa propia peña, Flog-liada celeste, que xa conta con blog propio, completan de xeito excelente o gran traballo realizado por Groucho77.
Delcelta.com segue mantendo a súa hexemonía grazas a súa comunidade de foros, a máis grande e activa do universo celtiña na rede. Esperamos ansiosos a volta da súa web, que ben seguro nos sorprenderá gratamente.
Silveira e cía seguen a realizar un gran traballo en celtacampion.com, unha das webs celestes máis veteranas no ciberespazo. O seu foro (forocelta.com), tamén é un dos máis activos da rede.
Dende Suiza temos mundoceleste.ch, a única web do RC Celta feita en catro linguas, á vez e que informa puntualmente de tódolos encontros que disputa o noso equipo.
Dende SerDelCelta, Adycto nos ofrece unha interpretación crítica e de gran calidade sobre a actualidade do RC Celta. Ao igual que acontece dende o blog Celtarrismo, sempre baixo a optica do colectivo Celtarras.
Celtavigo.net, web oficial do RC Celta, é unha das máis visitadas do fútbol estatal. Aínda que cun deseño xa antigo, ofrece de xeito puntual toda a información oficial que xera Casa Celta. Á espera dunha remodelación do site, están a ampliar os seus servizos, con venda de merchandising a través da rede ou incluso as renovacións dos abonos.
Tamén existen outras webs e foros de peñas ou outros colectivos que tratan sobre o noso equipo. EsmorgaZeleste, Federación de Peñas, Canteira Celeste, Siareiros, Plató Abierto Viernes ou clásicos como Grada Celeste seguen activos da rede intentando espandir o celtismo por todo o mundo.
Ademáis, para esta vindeira temporada, esperamos novas incorporacións, como HalaCelta, que ben seguro nos ofrecerán bos ratos celtiñas na rede.
Mentres, nós, en TodoCelta, seguimos traballando para intentar ofrecer aos nosos lectores o mellor da actualidade celtiña, con total liberdade de expresión e sempre en lingua galega. Estamos a preparar un novo site para a vindeira temporada co que intentaremos sorprender aos nosos lectores con máis e mellores servizos que nos axuden a consolidarnos entre tódolos sites celestes. Sorteos, Entrevistas, Videos, TodoCelta Radio e moitas sorpresas máis terán cabida nun renovado TodoCelta que verá a luz contra o mes de setembro.
Por tanto, queda claro que o celtismo en Internet goza dunha envexábel saúde que agardamos se prolongue por moitos anos. Nós faremos o posible porque así sexa.
Aproveitando o nacemento de ZeltadeVigo.com, o Flog do Celta ofrécenos unha interesante votación para elixir a web celtiña mellor valorada polos usuarios. Poderedes escoller entre oito das máis populares.
Así que xa sabedes, elexide a vosa neste enlace antes do vindeiro mércores.
Yo también aporto mi pequeño grano de arena al celtismo desde Coruña en
http://www.adoroelfutbol.blogspot.com
Pois na sección de enlaces tes TodoCelta pero en realidade enlaza con delcelta!!
Por certo, como chiste, moi bo o de que Robinhio é moito mellor xogador que Messi. Onde pode chegar o fanatismo..MEU DEUS!!!
Si Messi es muy bueno…perdiendo títulos
[...] o TodoCelta aprovecharon para hacer un pequeño repaso a la situación del Celta en Internet (1 y 2, [...]
O mesmo que dí de Robinho e de Messi diriao o revés se messi fose madridista e robinho barcelonista
[...] celtismo está de noraboa. Fai uns días repasabamos o celtismo na red chegando á conclusión da gran saúde da que o noso club goza en Internt. Pois agora temos que [...]
Julio 30, 2007 a 4:03 pm
Aproveitando esta noticia gustariame dicir que eu estou no de sarroio dunha web do delta, que se chamara http://www.sempre-celta.glc.cc ,e que espero que sexa unha boa aportacion ao celtismo.
Espero tela feita no prazo de duas semanas.
Saudos e espero veros por a web.