Archivo

Archivo para Octubre 2007

Visita a nosa nova web: www.todocelta.com

Octubre 26, 2007 karlinhos 8 comentarios

Despois de pouco máis dun ano online, TodoCelta.com estrea a versión 2.0 do seu site. Cun novo deseño totalmente remozado esperamos que a nosa nova web estea a altura dos nosos lectores.

Podedes descobrir o novo todocelta.com entrando no noso enderezo habitual.

www.todocelta.com 

Categorías:TodoCelta

Mañá saberemos cantos somos

Octubre 24, 2007 karlinhos 3 comentarios

O RC Celta publicará mañá os datos oficiais da campaña de abonados desta temporada 2007/2008.

Marián Mouriño, Directora de Marketing da entidade celeste dará unha rolda de prensa en Balaídos ás 18.00h onde informará dos resultados acadados nesta longa campaña de abonados.

O RC Celta diminuiu ao redor dun 20% o prezo dos abonos, ao mesmo tempo que puxo en marcha novedosas iniciativas como o “avonetiño”, as bancadas laterais en Tribuna e Río, etc. Todo isto foi acompañado polo polémico spot emitido en radios e televisións ao longo das últimas semanas.

Nas derradeiras datas o Presidente da entidade avanzou unha melloría nos datos do anterior descenso ao igual que un incremento da asistencia media en comparación coa última campaña en Segunda.

Categorías:Casa Celta, Celtismo

2 partidos para López Caro.

Octubre 23, 2007 karlinhos 1 Comentario

Castigo exemplar para López Caro, ao máis puro estilo FV. O Comité de Competición vén de castigar ao adestrador do RC Celta con dous partidos de sanción trala súa expulsión o pasado domingo en Balaídos.

Dende o RC Celta xa se anuncia que recurrirá esta sanción, pero non a de Rubén, que terá que cumprir o castigo este domingo  fronte ao Sporting.

¿Que lle dixo Caro ao colexiado? 

Categorías:Casa Celta

Martínez Cobas abandona o Celta

Octubre 23, 2007 karlinhos 5 comentarios

Sorpresa en CasaCelta. Xabier Martínez Cobas abandona o Real Club Celta despois de ano e medio ao fronte da Dirección Xeral do clube e despois de se converter nunha das facianas máis visíbeis do proxecto Mouriño.

Cobas chegou á entidade celeste procedente da Universidade de Vigo e pronto se gañou a simpatía de boa parte do Celtismo pola súa imaxe e competencia no traballo.

Unha perda importante para o Consello de Administración de Carlos Mouriño.

Categorías:Casa Celta

Xa temos novos capitanes

Octubre 23, 2007 kikinhogz Deja un comentario

Canobbio, Perera, Jorge e Esteban, novos capitanes.

A capitanía do Celta, medio valeira ata o día de onte, xa ten novos representantes. O uruguaio Fabián Canobbio (4ª temporada no equipo), o pacense Jesús Perera (tamén 4º ano), o canario Jorge Larena (3º curso no Celta) e o asturiano Esteban Andrés (tamén 3ª temporada) son os novos capitáns do Celta por orde de antigüedade e actuarán como tal cando o “capi” por excelencia, Jose Manuel Pinto, non poida estar.

A novidade máis importante está na renuncia a este posto do chileno Pablo Contreras que o pasado ano ocupaba o posto de “segundo de a bordo” tras Pinto. A súa difícil situación con Stoichkov parece estar destrás desta situación. Os tres anteriores capitanes do Celta sairon no verán: Borja Oubiña cedido ao Birmingham City, Yago Yao fichou polo Cádiz e Ángel López foi traspasado ao Villarreal.

Categorías:Casa Celta

Plaga de baixas na visita ao Molinón

Octubre 23, 2007 kikinhogz 3 comentarios

O vindeiro fin de semana antóxase moi importante nas aspiracións de ascenso do Celta. O conxunto vigués visita un equipo enrachado e que actualmente ocupa a segunda posición na taboa clasificatoria, o histórico Sporting de Xixón.

O Celta está plagado de baixas pero intentará recuperar a Canobbio na súa visita ao Molinón. O mediapunta uruguaio sufriu o pasado domingo unha escordadura do nocello dereito nun lance máis cómico que outra cousa co colexiado do encontro. O doutor do Celta, Mario Galán, non descarta que poida recuperarse para o compromiso do domingo, aínda que é pouco probable.

Por outra banda confirmou así mesmo o alcance da lesión de Roberto, unha escordadura do ligamento lateral interno do xeonllo esquerdo que lle impedirá volver xogar en dúas ou tres semanas.

Estas dúas baixas súmanse ás xa coñecidas do expulsado Rubén e os tamén mancados Guayre, Mario Suárez e Peña. Esta situación podería provocar a inclusión na convocatoria dos dous búlgaros (Manchev e Zanev) que parecen non contar para o novo técnico López Caro. Os canteiráns Richi e Dani Abalo tamén poderían ter a súa oportunidade.

Categorías:Casa Celta

TodoCelta en Localia: López Caro, Okkas e Rubén

Octubre 22, 2007 karlinhos 6 comentarios

Continuamos a nosa andaina en Localia Vigo comentando a actualidade do Real Club Celta e coñecendo máis en profundidade aos xogadores deste plantel que nos ten que levar de volta á primeira división.

O programa Plató Abierto Viernes, presentado por Belén Álvares, foi emitido o pasado venres en LocaliaVigo. Agradecemos de novo á invitación a Belén, e a gallego por colgar o video. Disfrutádeo.

Categorías:Multimedia, TodoCelta

Celta 2 – 2 Numancia

Octubre 21, 2007 karlinhos 2 comentarios

O Celta deixou escapar dous novos puntos hoxe de Balaídos, nun partido no que, ainda estando por diante en dúas ocasións, puido perder nos últimos minutos.

E é que o Celta saiu moi ben prantado na primeira metade, con gañas de facer bo fútbol e con fame de gol. Os homes de López Caro desplegaron, como é xa habitual, boas maneiras nos primeiros compases do partido. E pronto chegou o premio, grazas a un cabezazo de Lequi. Pero antes de que o Celta se adiantara, o colexiado (nefasto, como todos en segunda … e en primeira) privou ao Celta dun penalti claro que o arbitro non quixo ver.

Cando o Celta debía sentenciar o marcador ante un Numancia que estaba noqueado, reapareceu Lequi para cometer un penalti claro na área que levaría a igualada ao marcador.

Con López Caro expulsado por protestar xustamente unha das moitas pifias do trio arbitral, o Celta comezou a segunda parte creando perigo a balón parado. E así tivo que chegar o gol, nun penalti rigoroso sinalado a prol do Celta por man dentro da area despois dunha gran xogada de Diego Costa.

Con Canobbio mancado, Jorge colleu os galóns e aventurouse a tirar o penalti, que materializaría sen problemas poñendo o 2-1 no electrónico.

Pero apenas 15 minutos despois chegaría o definitivo empate do Numancia, como non, a balón parado. Tremendo golazo de Moreno de falta, en toda a escuadra da portería de Pinto.

Máis os problemas non acabarían aí, xa que Rubén foi expulsado moi rigorosamente por unha suposta agresión. Certo é que a labazada exisitiu pero o cartón vermello directo presúmese máis que rigoroso.

Daquela o Numancia xa contralaba o partido, aínda que sen volcarse a pola victoria. Aínda así puido caer o terceiro para os sorianos de non ser pola actuación de Pinto.

Tamén o Celta tivo algunha oportunidade, grazas á fe e a calidade de xente como Quincy ou Diego Costa. Finalmente non puido ser e o Celta volve deixar escapar 2 puntos na súa escalada polo ascenso.

O domingo que vén, a Xixón.

Categorías:Liga

Lista de Convocados Celta-Numancia

Octubre 20, 2007 karlinhos 4 comentarios

O RC Celta acaba de publicar a lista de convocados para o partido deste domingo fronte ao Numancia.

Destacan, ademáis do regreso de Okkas e Diego Costa, a entrada de Contreras na convocatoria. Os tres marxinados da era Stoichkov xa están na lista.

Caése Manchev por decisión técnica e Roberto Souza, Mario Súarez, Guayre e Peña por lesión.

Esteban, Lucas, Vitolo, Lequi, Núñez, Jorge, Canobbio, Okkas, Pinto, Perera, Contreras, Adrián, Diego Costa, Roberto Lago, Jonathan Vila e Quincy.

Categorías:Casa Celta

Guayre volve mancarse

Octubre 19, 2007 karlinhos Deja un comentario

O pobre de Antonio Guayre non sae dunha para meterse noutra. Se hai uns días anunciabamos a volta de Guayre aos adestramentos co resto do plantel, hoxe toca falar de todo o contrario.

Segundo nos informa o gabinete de prensa do R.C.Celta, Antonio Guayre sofre microrrotura fibrilar nos isquiotibiais do muslo dereito. O mediapunta canario permanecerá de baixa entre dúas e tres semanas.

Dende TodoCelta deseámoslle unha pronta recuperación.

Categorías:Casa Celta