Archivo

Archivo para Agosto 2009

X1: Celta 1 – 2 Numancia

Agosto 29, 2009 karlinhos 1 Comentario

O Celta caeu no seu debut ante o Numancia de xeito inxusto: un erro individual supuxo o primeiro tanto do rival, unha xogada illada traduciuse no gol da vitoria dos sorianos, dominados con claridade polos celestes na segunda metade. Trashorras anotou o gol dun Celta moi superior tralo descanso, pero castigado polo infortunio.


Leer más…

Categorías:Liga

Celta 1- 2 Numancia. en Directo

Agosto 29, 2009 karlinhos Deja un comentario

19.56h: Final do encontro. Derrota xusta do RC Celta no primeiro encontro de liga.

19.54h: Paradon de Falcon, que evita o terceiro do Numancia

19.49h: Remate de cabeza dentro da area de Catala, que se marcha alto.

19.47h: Gran ocasion de Joselu que non atinou a levar o empate ao marcador. Balaidos aplaude a pesar do resultado.

19.40h: O Celta non baixa os brazos da man de Botelho e Joselu

19.38h: GOL DO NUMANCIA: Golazo de Dimas

19.34h: Gran ocasion de Joselu que non deu rematado ao centro de Botelho

19.33h: Entra Palacios (Central) e sae Barkero (Mediapunta)  e entra Quique Sola (Dianteiro) por Iñigo Velez (Dianteiro)

19.31h: O Celta segue apretando. Varias intentonas de Joselu e Trashorras.

19.29h: Carton Amarelo para Valenciaga. Entra Nagore no Numancia

19.23h: Carton Amarelo para Jayo

19.22h: Disparo dende a frontal de Barkero que se marcha a dereita de Falcon

19.20h: Terceira ocasion de perigo seguida do RC Celta desta volta, obra de Joselu. Nervios no Numancia

19.17h: Nova ocasion de gol nos pes de Roberto Trashorras que a piques estivo de marcar o segundo golazo do encontro.

19.15h: O Celta vense arriba despois do gol e expoleado polos 7000 siareiros que asisten en directo ao encontro.

19.13: GOOOOOOOOOOL DO CELTA: Golazo de Trashorras


19.10h: GOL DO NUMANCIA: Iñigo Velez fai xustiza e establece o primeiro tanto despois dunha mala xogada defensiva dos de Eusebio.

19.00 h: A piques de comezar a segunda metada, o Celta intentara mellorar a imaxe ofrecida na primeira parte onde os de Eusebio amosaron falta de ideas e de pegada fronte a un Numancia lixeiramente superior.

Categorías:En Directo

Previa Celta – Numancia

Agosto 27, 2009 karlinhos Deja un comentario

O Real Club Celta inicia este sábado a súa andaina na tempada 2009/21010 cun interesante partido ante un recén descendido, o CD Numancia (Balaídos, 18.00 horas). O club fixou para este encontro prezos económicos, entre 10 e 25 euros, có fin de propiciar que o equipo se sinta arroupado no seu ilusionante debut. Ademais, por só 5 euros máis os afeccionados poderán adquirir unha entrada para o partido de Copa ante o Real Unión.

Categorías:Casa Celta