W.Bremen 2-0 Celta

O Celta, víctima dunha lamentábel arbitraxe e dos seus propios erros despídese de Europa ao caer en Bremen por 2 goles a 0.
Un claro penalti non pitado sobre Guayre á media hora de partido, un gol de Almeida en posición máis que dubidosa e un gol legal anulado a Perera foron demasiada lousa para un Celta que contribuiu á debacle coa enésima perda de balón de Nené que remata en gol.
Stefano Farina, colexiado italiano encargouse de estragar as ilusións dun conxunto celeste que saiu moi ordeado en defensa xogando con tres centrais co obxectivo de desfacer as previsibéis envestidas xermanas.
O Celta controlou o partido sen problemas nese primeiro treito da primeira metade e incluso tivo algunha ocasión. Nesa chegou o claro derribo de Guayre na área alemana que Farina decidiu obviar e castigar con cartón amarelo ao canario. O italiano comeuse un claro penalti a escasos metros da xogada e prexudicaba do novo ao Celta nesta eliminatoria.
No segundo tempo o ritmo cambiou, adiantáronse liñas, abríronse espazos e chegaron as ocasións.
Os celestes perderon a súa colocación e sobriedade en defensa e no minuto 16 encaixaron o primeiro tanto obra de Almeida en posición máis que dubidosa. Ao igual que acontecera no encontro de ida, o Werder colleitaba demasiado premio grazas a un gol ilegal.
O Celta non arroxou a toalla e pronto respondeu cun gol de Perera (que substituíu a Guayre mancado) que foi anulado inxustamente polo colexiado. De novo Farinas erixiuse protagonista ao sinalar un existente fóra de xogo ao dianteiro pacense do Celta.
Os homes de Fernando Vázquez quedaron noqueados despois dos clamorosos erros do colexiado e perderon o rumbo do partido. O banco non se movía.
No minuto 61 o Celta tirou definitivamente a eliminatoria despois de que Nené protagonizara a súa enésima perda de balón dun xeito infantil que finalmente acaba en gol.
Nese momento esgotouse toda esperanza. O Celta renunciou á eliminatoria pero intentou morrer con toda a honra posible. Ata en tres ocasións puido bater o Celta á portería de Wiese, pero hoxe non era o día.
Remata deste xeito a andadura do Celta nunha dura Copa da Uefa que o enfrontou cos máis duros rivais e no que os galegos amosaron a súa mellor cara da temporada.
O Celta volve á realidade. Queda agora unha dura e fea pelexa por manter a categoria. O domingo, ao Pizjuán.



r Bremen, aínda que como ocorreu con moitos equipos alemáns, sufriu un desmantelado na Segunda Guerra Mundial. En 1945 o club volveuse a reorganizar baixo o nome de Gymnastics and Sport Club Werder of 1945, aínda que pronto se cambiou a Sport Club Green White of 1899. En 1946 conseguiría recuperar o nome de SV Werder.



Tal e como nos informan en 


o que tradicionalmente se practicou no país bávaro. Aínda así, o equipo alemán é fisicamente un conxunto moi competitivo (8 homes da plantilla superan o 1´90 cm. de altura).
es experimentados cun gran xogo aéreo como son Naldo e Mertesacker. A defensa a completan os laterais que acostuma a rotas, aínda que os máis habituais son o camerunés Wome e Fritz. O resto do equipo está pensado moita máis en atacar que en defender.
da prmeira metade da Bundesliga, e o dianteiro Miroslav Klose, a estrela do equipo e o seu home máis coñecido. Estes dous homes son a base do ataque do equipo alemán e os homes de máis calidade dos alemáns. Para completar o ataque, o Werder, posúe outros homes de moita calidade como o centrocampista Torsten Frings (un medio centro curtido en mil batallas de moita brega e non exento de calidade), Tim Borowski (centrocampista de moita capacidade física e chegada que non estará en Vigo por mór dunha lesión), Jurica Vranjes (centrocampista croata de gran habilidade) ou Aaron Hunt (un dianteiro bastante potente e coa portería sempre entre cella e cella).



Últimos Comentarios