
O Estadio Manuel Ruiz de Lopera sitúase en Sevilla e é a sé oficial dos partidos como local do Real Betis.
A partir do 17 de marzo de 1929, o Betis comeza a xogar no Estadio de Heliopolis. Este é sucesivamente remodelado ata converterse no estadio actual. Foi unha das sés do Mundial de Fútbol do 1982.
Trala normativa da UEFA de obrigar a todos os estadios do Continente (que disputasen competicións europeas) a ter todas as localidades sentadas, o Consello de Administración do Real Betis Balompié decide a voadura do vello Estadio Benito Villamarín e a construción dun novo estadio. Así é como nace o proxecto Manuel Ruiz de Lopera.
O Estadio Ruiz de Lopera ten un total de 4 niveis, un de aparcamiento, e 3 chanzos superpostos, o último de inclinación máis que notable. A principal característica do estadio é a súa función única de fútbol, e a escasa dimensión da parcela, así como a capacidade última que será de 64.000 espectadores, provoca que estes estean moi encima do terreo de xogo, favorecendo a calor ambiental e o malgaste de emocións.
Na actualidade o estadio non se atopa terminado, dándose a paradóxica situación de haberse reinaugurado, habéndose acometido tan só a metade da obra (considérase a metade nunha valoración xenerosa, posto que o 100% de ejecución real incluía unha “visera” para todo o estadio). Na súa totalidade o estadio está catalogado como o terceiro maior campo de España e dos máis modernos de Europa.
Dentro do artigo poderedes ver unha selección de fotos de Manuel Ruiz de Lopera.
Leer más…
Últimos Comentarios