Archivo

Archivo para la Categoría "Liga"

X1: Celta 1 – 2 Numancia

Agosto 29, 2009 karlinhos 1 Comentario

O Celta caeu no seu debut ante o Numancia de xeito inxusto: un erro individual supuxo o primeiro tanto do rival, unha xogada illada traduciuse no gol da vitoria dos sorianos, dominados con claridade polos celestes na segunda metade. Trashorras anotou o gol dun Celta moi superior tralo descanso, pero castigado polo infortunio.


Leer más…

Categorías:Liga

Celta 2 – 2 Numancia

Octubre 21, 2007 karlinhos 2 comentarios

O Celta deixou escapar dous novos puntos hoxe de Balaídos, nun partido no que, ainda estando por diante en dúas ocasións, puido perder nos últimos minutos.

E é que o Celta saiu moi ben prantado na primeira metade, con gañas de facer bo fútbol e con fame de gol. Os homes de López Caro desplegaron, como é xa habitual, boas maneiras nos primeiros compases do partido. E pronto chegou o premio, grazas a un cabezazo de Lequi. Pero antes de que o Celta se adiantara, o colexiado (nefasto, como todos en segunda … e en primeira) privou ao Celta dun penalti claro que o arbitro non quixo ver.

Cando o Celta debía sentenciar o marcador ante un Numancia que estaba noqueado, reapareceu Lequi para cometer un penalti claro na área que levaría a igualada ao marcador.

Con López Caro expulsado por protestar xustamente unha das moitas pifias do trio arbitral, o Celta comezou a segunda parte creando perigo a balón parado. E así tivo que chegar o gol, nun penalti rigoroso sinalado a prol do Celta por man dentro da area despois dunha gran xogada de Diego Costa.

Con Canobbio mancado, Jorge colleu os galóns e aventurouse a tirar o penalti, que materializaría sen problemas poñendo o 2-1 no electrónico.

Pero apenas 15 minutos despois chegaría o definitivo empate do Numancia, como non, a balón parado. Tremendo golazo de Moreno de falta, en toda a escuadra da portería de Pinto.

Máis os problemas non acabarían aí, xa que Rubén foi expulsado moi rigorosamente por unha suposta agresión. Certo é que a labazada exisitiu pero o cartón vermello directo presúmese máis que rigoroso.

Daquela o Numancia xa contralaba o partido, aínda que sen volcarse a pola victoria. Aínda así puido caer o terceiro para os sorianos de non ser pola actuación de Pinto.

Tamén o Celta tivo algunha oportunidade, grazas á fe e a calidade de xente como Quincy ou Diego Costa. Finalmente non puido ser e o Celta volve deixar escapar 2 puntos na súa escalada polo ascenso.

O domingo que vén, a Xixón.

Categorías:Liga

Destino Plaza América

Octubre 17, 2007 jesudinho_18 5 comentarios

Ninguén dixo que sería fácil, todo o contrario, o ascenso é difícil. Imos a por él, e que mellor que recordar o último ascenso, loitado ata o final.

Albacete 1 – 1 Celta

Octubre 13, 2007 karlinhos 8 comentarios

O Celta non puido pasar do empate no Carlos Belmonte fronte ao pechacancelas da clasificación a pesar de terse adiantado grazas a un golazo de Jorge Larena na primeira metade.

O debút de López Caro ao fronte do banquiño celeste non se puido saldar cunha victoria malia ter desplegado un bo fútbol na primeira metade.

Pero chegou a segunda metade e abondaron cinco minutos para que o Celta volvese evidenciar os graves problemas en defensa que leva arrastrando durante toda a temporada. A entrada de Lequi no once titular non conseguiu arranxar nada e, aos cinco minutos da reanudación, Morán empataba para os manchegos nunha nova xogada absurda, máis propia de alevíns que de profesionais.  Moito terá que mellorar López Caro o traballo defensivo.

Pero non só iso, senón tamén a concentración e a capacidade de reacción, xa que o Celta, de novo, morreu co empate. As boas maneiras amosadas nos primeiros corenta e cinco minutos diluíronse rápidamente tralo gol e os hoxe laranxas quedaron a merced do Albacete.

Os manchegos chegaron a marcar o segundo gol pero foi incomprensiblemente anulado polo asistente. Perera tamén gozaría dunha clara oportunidade, pero o balón estrelouse no pau.

Mal resultado para o Celta, que finiquita así esta xeira de partidos “doces” para enfrontarse a un duro mes de outubro con equipos, teoricamente, máis potentes.

O próximo capitulo o domingo ás 12, fronte o Numancia.

Categorías:Liga

Previa Albacete – Celta

Octubre 13, 2007 karlinhos 2 comentarios

O Celta comeza esta tarde (18 horas, TVG) unha nova etapa da man de López Caro. En teoría os celestes entran nun período de estabilidade, aínda que os resultados terán a última palabra. Fallar hoxe en Albacete ante o pechacancelas podería supor a primeira semana de paixón para o técnico recentemente chegado.

A medida que foi pasado a semana apagáronse os lumes da destitución de Stoichkov. O rastro do búlgaro está próximo a borrarse, pero hoxe no Carlos Belmonte aínda o Celta non poderá ensinar todo o mostrario de López Caro. Como moito un avance.

O primeiro cambio chegou coa lista de convocados. Lequi é a gran novidade e o arxentino pode pasar de dous meses de ostracismo á titularidade. No entanto, os movementos que poida ter gardados o sevillano soan a incógnita suprema. Adrián González volve á lista e con opcións, Manchev apareceu moito ao longo da semana e ata Quincy hase enfundado o peto. Todo son conxecturas. O que ninguén dúbida, e o contrario sería unha sorpresa maiúscula, é que Perera non sexa o dianteiro centro do equipo ante o seu ex. Sen Okkas o pacense parece a mellor elección.

Pero a lóxica indica que Caro non tivo o tempo suficiente para propiciar unha revolución, por iso é polo que o seu primeiro once non deba ser tan distante do que despediu a Hristo co mellor partido dos celestes ata o momento.

Quizais os novos tempos poidan apreciarse un pouco máis a nivel de xogo. Con apenas catro días de traballo o Celta debe dar mostras dunha maior sobriedade defensiva pero ao mesmo tempo malgastar ambición no ataque. Se López Caro quere un equipo ambicioso e valente, a mellor forma de demostralo é buscando o partido desde o inicio.

Máxime cando enfronte está un equipo presa da súa ansiedade. Poida que este Albacete diste moito do Queixo Mecánico de Benito Floro, pero tampouco ten potencial para arrastrarse pola categoría. Por iso o novo inquilino do banco celeste apresurouse a dicir que lles espera «un partido enganoso». Confiarse podería ter nefastas consecuencias. O conxunto manchego arrastra as baixas de Cañas , Kike, Pablo Gil, Azkorra, Alex Pérez e David Bauzá, pero sobre todo acusa o divorcio manifesto entre a afección e o técnico, cuxo posto pode depender do desenlace da contenda desta tarde. En definitiva, un escenario propicio para que o Celta siga escalando no seu camiño cara á cima.

Categorías:Casa Celta, Liga

Un pouco do rival: Albacete Balompié

Octubre 13, 2007 kikinhogz 1 Comentario

O Celta visita hoxe o campo do Albacete Balompié. O club manchego pertence á cidade de Albacete (161.508 habitantes). O Albacetealbacete_balompie-escudo.jpg Balompé foi fundado o 1 de Agosto de 1940. O seu primeiro presidente foi Antonio Lozano Matarredona. A súa orixe sitúase no Café Colón, entre un grupo de amigos que querían formar unha sociedade deportiva. Na súa historia xogou 7 anos en primeira, 14 en segunda, 7 en segunda “B” e 29 en terceira. O seu mallor éxito foi o 7ª posto colleitado na liga das estrelas na temporada 1991/92.

O pasado ano o Albacete non conseguiu o seu obxectivo do ascenso, quedando na 6ª posición final con 60 puntos, moi lonxe dos 76 puntos cos que ascendeu o Almería.

plantilla.jpgO seu adestrador é Quique Hernández. O valenciano volveu o fútbol español tras o seu paso polo Aris de Salónica ao que meteu na copa da UEFA. O adestrador, de 49 anos, ten un importante currículo, pois dirixiu a equipos como Levante, Elxe, Castellón, Hércules, Almería, Lérida, Numancia ou Recreativo de Huelva. O equipo manchego non está a pasar por un bo momento xa que ocupan a última posición na táboa.

Os seus principais xogadores son:

- Ferrón: Xogador de banda dereita que ten na velocidade e na potencia as súas albacete-balompie-1.jpgcarcaterísticas principais.

- Barkero: Home de banda moi rápido e perigoso. Un dos homes a vixiar.

- Noguerol: Vello coñecido da afección viguesa. O central mellora cos anos.

- Morán: Un dos homes máis importantes do Albacete, moita calidade e velocidade nos últimos metros.

Categorías:Liga, Rival

Lequi volve á lista de convocados

Octubre 12, 2007 kikinhogz 3 comentarios

A ansiada volta de Lequi xa é unha realidade. O central arxentino é gran novidade da lista de convocados que López Caro deu esta mañá. Pola contra, Pablo Contreras terá que esperar unha semana máis na procura da súa oportunidade. Os regresos de Adrián e Roberto Souza e a ausenza de Zanev, ao que se lle acabou a sorte de ter na figura de Stoichkov un padrino, tamén chaman a atención.

Porteros: Esteban e Pinto.
Defensas: Lucas, Lequi, Agus, Vara, R.Lago e Rubén
Centrocampistas: Vitolo, Roberto Souza, Núñez, Jorge, Canobbio, Adrián, J.Vila e Quincy.
Delanteros: Manchev e Perera

Categorías:Casa Celta, Liga

Celta 3 – 1 Xerez

Octubre 6, 2007 karlinhos 8 comentarios

Por fin unha alegría. O Celta venceu e convenceu esta tarde en Balaídos fronte ao Xerez. Os apenas 7000 siareiros que acudiron ao vetusto municipal vigués puideron vibrar co seu equipo por primeira vez nesta temporada.

O Celta saiu ao campo coa mesma mentalidade que en Elxe. Intentar tocar o balón e facer valer a súa superioridade técnica. Pero os andaluces foron un incómodo rival nos primeiros vinte minutos e o Celta pronto desistiu das súas intencións deixándose levar por esa perigosa desidia que tantos disgustos nos ten dado días atrás.

Pero xusto no peor momento dos locais apareceu Canobbio que, despois de combinar con Jorge, mandou un tiro moi escorado contra a dereita da porta que significaría o 1-0 para os celtiñas.

Pero, como non podía ser doutro xeito, houbo tempo para a xogada tonta e o fallo defensivo de rigor. O Celta deixouse empatar no peor momento tras unha boa xogada do Xerez. O videomarcador reflectía o 1-1 e volvían as pantasmas.

Sen moito máis que contar acabou a primeira metade.Non sabemos como sería o discurso do descanso, pero o certo é que o Celta volveu sair ao céspede cun plus de motivación.

As gañas que demostraban sobre o campo combinouse cunha gran actuación de homes tan importantes para este equipo como Okkas, Jorge ou Costa. O Celta combinaba e desbordaba pero o gol non daba chegado.

Nesas estabamos cando apareceu Diego Costa para marcar un gran gol que incríbelmente foi anulado por un inexistente fóra de xogo. Co que lle custa a este equipo perforar a portería rival para que os pseudo-arbitros da segunda división nolos anulen ….

Pero desta vez, o Celta non desisitiu e seguiu buscando a portería rival con gañas. E nese momento produciuse un dos feitos máis importantes do partido. Reaparecía Perera substituindo a un desafortunado Núñez. O pacense entrou con gañas e imprimiu, aínda máis se cabe, verticalidade e velocidade ao ataque vigués.

O gol era cuestión de tempo. E así foi. Diego Costa, esta vez sí, marcaba o segundo gol que adiantaba de novo aos vigueses e traía a tranquilidade a Balaídos. E apenas uns minutos despois, Mario Suárez (que entrara momentos antes como recambio de Jorge) marcou un espléndido golazo dende máis de 30 metros que remachaba finalmente o partido.

Foi unha pena, porque o Celta hoxe sí que puido golear a un frouxo Xerez, pero a ineficacia unhas veces, e a mala sorte noutras impediron ver un marcador máis abultado.
O partido finalmente acabou con tangana e con Diego Costa expulsado, despois de protagonizar unha babosada sen sentido nos últimos compases do choque. Pero disto xa falaremos ao longo da semana.

Quedémonos pois co positivo. O Celta volve á senda da victoria, e o que é mellor, deixando moi boas sensacións e facendo disfrutar ao pouco público (apenas 7.000) que acudiu a Balaídos. Xogando así, o Celta será equipo de primeira.

Categorías:Liga

Previa Celta – Xerez

Octubre 6, 2007 karlinhos Deja un comentario

Novo exame para o proxecto Celta 07-08. Esta tarde visítanos o Xerez CD, equipo que ata o de agora nunca puntuou no municipal vigués. Intentará romper a súa racha negativa fronte un Celta que ten a necesidade imperiosa de voltar á senda da victoria.

O Celta estrenará esta tarde unha nova defensa, despois dos últimos erros que condenaron ao equipo en Elxe. Con Lequi e Contreras perdidos no exilio e Richi no filial, só teremos a dous centrais na convocatoria, Agus e Rubén, que serán flanqueados por o búlgaro Zanev, que seguramente voltará ao equipo despois de varias semanas desaparecido do once, e Vara ou Lucas.

Outra novidade pode estar no mediocampo, onde Vitolo poderá ser acompañado por Mario Suárez ou por Jorge. Se o búlgaro apostara polo canario no mediocampo, a banda esquerda podería ser para Quincy ou incluso para Roberto Lago, que acompañarían a Canobbio e Núñez na liña de mediapuntas. De novo Okkas, será a referencia en ataque, á expectativa de se Perera podería gozar dos seus primeiros minutos nesta temporada.

En definitiva, o Celta ten hoxe un partido máis importante do que parece en principio, xa que deberá volver a gañar tres puntos e o escaso crédito que tiña e que perdeu a semana pasada.

De non ser así, o futuro deste Celta e de Stoichkov pode volverse moi turbio.

Un pouco do rival: Xerez C.D.

Octubre 6, 2007 kikinhogz Deja un comentario

Esta semana tócalle ao Xerez visitar Balaídos. O Xerez Club Deportivo é un club pertencente á cidade gaditana de Jerez de la Fronteraxerez.jpg (206.247 habitantes). O seu nacemento non foi doado xa que os seus fundadores o intentaron dúas veces anteriormente (1.933 Jerez Club de Fútbol e 1.942 Club Deportivo Jerez) para, no ano 1.947 lograr levar o proxecto á flote. A súa historia contempla 20 temporadas en segunda división, 17 en segunda “B”, 21 en terceira e 2 en Preferente. A mellor temporada da súa historia foi a 2001/02 ás ordes do, agora adestrador do Real Madrid, Bernd Schuster na que conseguiron a cuarta praza final quedando ás portas do ascenso.

Esta é a súa sétima temporada consecutiva na segunda división. A pasada temporada ocupou a 9º posición final con 58 puntos, moi lonxe do seu codiciado obxectivo do ascenso (a 18 puntos do Almería, 3º clasificado).

O técnico xerezano é Miguel Ángel Rondán, home da casa e non moi mediático. Rondán estivo piques de deixar o club este verán por mor duns problemas na garganta pero finalmente recuperouse e puido seguir ao fronte do equipo. O Xerez caracterízase polo seu fútbol ofensivo (se o commparamos co fútbol mezquino e aburrido practicado no resto da segunda divisón) e pola abundancia de xogadores de experencia e calidade. Entre estes destacan:

- Porato: Mítico gardamallas francés do que moitos se lembrarán por ser o porteiro do Olimpique de Marsella que nos eliminou nos cuartos de final da UEFA do 1998/99. Relegado ao banco e con 34 anos, atópase na última etapa da súa carreira.

- Benjamín: O último en chegar. O veterano centrocampista vallisoletano (31 anos) firmou esta semana un contrato por un ano. A súa forza e traballo poden ser un gran reforzo para os xerezanos.

-Pedro Ríos: Xogador local moi querido pola afeción. Xoga no extremo dereito e ten a velocidade e a verticalidade como características principais.

- Momo: Futbolista canario de moita calidade. Fichado polo Deportivo fai dúas temporadas non conseguu triunfar en primeira nin en Coruña nin en Santander, onde xogou o pasado ano. En segunda pode demostrar esa calidade que se lle supon.

- Antoñito: O ex do Sevilla é a estrela do conxunto andaluz. Xogador moi rápido e habilidoso, é un perigo constante para a defensa ival.

- Yordi: Dianteiro corpulento á vella usanza, é un veterano curtido en mil batallas (33 anos). Ex de Betis, At. de Madrid, Zaragoza, Xetafe, Mallorca etc. Posúe un gran remate de cabeza e un bo xogo de costas.

- Michel: Outro dianteiro experimentado (30 anos). Ex de RaioVallecano, Sevilla, Sporting, Getafe ou Almería. Posúe un bo remate a portería e ten moita calidade a pesar da súa altura (1´90 metros).

Categorías:Liga, Rival