Novos dorsais
Co inicio dunha nova campaña, volven as dúbidas sobre os dorsais. Preguntas como, quen é o 10? ou, quen é ese baixiño que leva o 11? son habituais nestes primeiros compases de liga. Pois ben, faremos un pequeno resumo das novidades para esta campaña 2007/08.
As novas fíchaxes lucirán os seguintes dorsais:
- Peña: O central boliviano lucirá o dorsal número “2″. Este dorsal non tivo dono a temporada pasada. O último en levalo foi Jose Enrique.
- Vitolo: O mediocentro tinerfeño portará o “4″ que deixou libre Borja Oubiña.
- Roberto: O brasileiro levará o “6″ no seu retorno. Este dorsal levouno desde decembro o portugués Areias.
- Manchev: O búlgaro vestirá o “9″ que deixou Baiano.
- Okkas: O chipriota terá a carga de portar o dorsal que deixou Gustavo López, o número “11″.
- Agus: O central madridista lucirá o “12″ que ata o de agora lucía o damnificado Placente.
- Adrián: O fillo de Michel levará o “16″ que no anterior vestiu Pablo García.
- Diego Costa: O brasileiro portará o “17″. Tamas foi o seu dono a pasada temporada.
- Mario Suárez: O “19″ identificará ao madrileño. Yago Yao foi o seu predecesor.
- Zanev: O discípulo de Stoichkov escolleu o “20″, dorsal que luciu o canteirán Jonathan Aspas os dous últimos anos.
- Vara: O lateral levará o “21″. O anterior potador deste dorsal foi Jorge Larena.
- Roberto Lago: O canteirán sustituirá a De Ridder levando o “22″.
- Rubén: O santiagués lucirá o “23″ que deixou Nené.
- Jonathan Vila: O porriñés portará o “24″ que deixou Canobbio.
- Owusu Abeyie: O holandés levará o “25″ que dexou Iriney, aínda el litixio co Celta.
Ademais dos novos haberá dúas novidades máis con respecto aos dorsais. O “8″ e o “10″, dous dos números máis codiciados terán novo dono. Jorge Larena deixou o “21″ para coller o “8″ de Ángel. Mentres que o urugaio Canobbio será o novo “10″ do equipo, que con anterioridad portou Bamogo o ano pasado e J.Guerrero ao inicio desta temporada.
Para consultar todos os dorsais, ver a sección de plantilla.

do Atlético de Madrid do que era capitán. O canteirán Richy podería a terceira opción como xa demostrou no primeiro partido.
estará no equipo. Oubiña e Pablo García xogan en novos destinos e Iriney manten un contencioso coa directiva viguesa mentres se recupera da súa lesión. A creacion e, maiormente, a destrución do xogo recaerá en Roberto (volve tralo seu paso polo Salamanca), Mario Suárez (procedente do Atlético de Madrid), Vitolo (do Racing de Santander) e o canteirán Jonathan Vila.
ra é a zona que máis incertidumbre crea do plantel céltico. Sairon Bamogo, Baiano e J.Guerrero a última hora. Chegaron Manchev (chegou libre despois de acadar o ano pasado o ascenso co Valladolid), Diego costa (cedido do Atlético de Madird) e o chipriota Okkas (chega libre procedente do Olimpiakos). O caso Perera foi unha das sorpresas da derradeira xornada xa que falouse de posible traspaso, dunha posible carta de liberdade ou da súa baixa federativa.




Últimos Comentarios