Archivo

Archivo para la Categoría "TodoCelta"

logo2009

Categorías:TodoCelta

Visita a nosa nova web: www.todocelta.com

Octubre 26, 2007 karlinhos 8 comentarios

Despois de pouco máis dun ano online, TodoCelta.com estrea a versión 2.0 do seu site. Cun novo deseño totalmente remozado esperamos que a nosa nova web estea a altura dos nosos lectores.

Podedes descobrir o novo todocelta.com entrando no noso enderezo habitual.

www.todocelta.com 

Categorías:TodoCelta

TodoCelta en Localia: López Caro, Okkas e Rubén

Octubre 22, 2007 karlinhos 6 comentarios

Continuamos a nosa andaina en Localia Vigo comentando a actualidade do Real Club Celta e coñecendo máis en profundidade aos xogadores deste plantel que nos ten que levar de volta á primeira división.

O programa Plató Abierto Viernes, presentado por Belén Álvares, foi emitido o pasado venres en LocaliaVigo. Agradecemos de novo á invitación a Belén, e a gallego por colgar o video. Disfrutádeo.

Categorías:Multimedia, TodoCelta

Adrián Trotamundos

Octubre 13, 2007 karlinhos 6 comentarios

Sorpresón o que me levo hoxe, torrada en man, cando abro o FARO a primeira hora da mañá. E é que, a doble páxina e a toda cor, vemos hoxe a Adrián Rodríguez, ex-compañeiro dos Maristas e amigo celtista nunha reportaxe onde nos amosa a súa paixón pola elástica celeste ao redor do mundo.

E é que descoñecía totalmente esta faceta de Adri. Aínda lembro a última vez que o vin nas bancadas de Rio Baixo. Foi no último partido de liga do ano pasado onde, desgraciadamente consumamos o descenso. Falamos de TodoCelta, proxecto que seguia dende Barcelona, e de que chegara a Vigo dende a cidade condal exclusivamente para asistir a Balaídos.

Pero agora, en máis dunha ducia de fotos, podemos ver a súa particular volta ao mundo coa camiseta do noso equipo. O Cañón do Colorado, Tailandia, Escocia, Irlanda, Vietnam …. son algúns dos sitios polos que Adri paseou a camiseta celeste.

Moitas anécdotas en outras tantas viaxes, como a que conta do afeccionado chino que, ao velo coa camiseta celeste, achegouse a el e lle comentou que o seu equipo dende pequeno era o Celta, e o seu soño viaxar a Vigo. Impresionante.

Pois nada, da miña parte, e supoño que da de Kike e Iago tamén, mandámoste unha agarimosa aperta chea de orgullo celeste. Grande Adrián.

Karlinhos.

A rolda de prensa adiántase

Octubre 8, 2007 karlinhos 4 comentarios

Segundo informa o gabinete de prensa do RC Celta, a rolda de prensa adiantase as 19.30h.

Nela compacerán Carlos Mouriño, Ramón Martínez e Hristo Stoichkov.

Categorías:Casa Celta, TodoCelta

Un pouco do rival: Elche C.F.

Septiembre 29, 2007 kikinhogz Deja un comentario

O rival desta xornada é o Elche Club de fútbol. O club alicantino xoga como local no Martínez Valero de Elche (219.032 habitantes). Foi fundado en 1923, coa unión dos dous equipos da cidade fundados en 1908, o Sporting de Elxe e o Ximnástica de Elxe (curiosamente dun xeito escudoelche.gifmoi parecido ao nacemento céltico). Os ilicitanos xogaron 19 anos en primeira división, 27 en segunda, 7 en segunda “B” e 19 en terceira. Os seus logros máis importante foron o 5º posto acadado na temporada 1963/64 e o subcampionato de Copa da temporada 1968/69 tras perder na final por 1-0 fronte ao Athletic de Bilbao.

Está e a súa oitava temporada conscutiva en segunda división. A pasada campaña o Elche tampouco logrou o seu obxectivo de todolos anos, o ascenso. Ao final de liga rematou na 10º posición con 58 puntos, moi lonxe dos postos que deron dereito ao ascenso, concretamente a 18 puntos.

O adestrador do Elche é un vello coñecido da afección galega, David Vidal. O de Portosín imprime aos seus equipos unha intensidade altísima no xogo sempre apoiada pola velocidade das bandas e a contundencia arriba. A este equipo faltalle precisamente iso, alguen que mande á rede as asistencias dos seus compañeiros. A pesar desta carencia segue a ser un equipo moi perigoso.

Os seus xogadores principais son:

- Trotta: O central é un seguro de vida na defensa. Con moitísima experiencia na liga espelche.jpgañola coñece todolos trucos posibles.

- Coelho: Centrocampista uruguaio de moita calidade. Un dos cerebros deste Elxe.

- Noel-Williams: O británico debutou como profesional con 16 anos pero unha lesión cortou a súa prometedora carreira. Todavía xove (27 anos) quere demostrar en España todo o que se esperaba de el.

Categorías:TodoCelta

Volve Plató Abierto

Septiembre 20, 2007 karlinhos 1 Comentario

Este venres volve ás pantallas de Localia Vigo, Plató Abierto Viernes, espazo conducido por Belén Álvarez tódolos venres a partir das nove da noite.

Para comezar a temporada, Plató Abierto vístese de celeste para recibir a Everton Giovanella. Coñeceremos máis a fondo a este xogador, un dos máis queridos da afección celeste.
E despois TodoCelta terá o pracer de participar no xa habitual Rincón Celeste do programa, no que falaremos do comezo de temporada, analizaremos as novas fichaxes do equipo, e moitas cousas máis.

Asi que xa sabedes, mañá a partir das 21.00h en Localia, volve Plató Abierto Viernes 

Categorías:Casa Celta, Celtismo, TodoCelta

Novidades TodoCelta

Septiembre 18, 2007 karlinhos 1 Comentario

Mentres seguimos traballando na preparación da nova páxina de TodoCelta, non descoidamos a actual e seguimos incorporando novidades.

A máis salientable é a incorporación dun novo redactor, Jesús (casetodeinformación), que nos informará puntualmente sobre a actualidade do Celta B, así como outras noticias que afecten á actualidade de CasaCelta.

Ademáis, estreamos unha páxina de resultados, onde poderedes consultar en calquera momento os resultados acadados polo noso equipo, así como consultar a crónica do partido e o videoresumo do mesmo, grazas á cortesía de videoscelestes.

Tamén actualizamos a nosa VideoTeca, algo descoidada ata o momento, incorporando os resumos dos encontros desta temporada.

Pronto lle tocará ao noso foro un lavado de imaxe, poñeremos de novo en marcha TodoCelta RADIO, e algunha sorpresa máis que, como comprenderedes, de momento non reveleraremos.

Todo sexa por intentar aportar o noso graíño de area a este proxecto que ten como obxectivo a Praza América.

Categorías:TodoCelta

Obxectivo_ Praza América: Celta – Eibar

Septiembre 7, 2007 karlinhos Deja un comentario

Comezamos hoxe en TodoCelta a campaña “Obxectivo_ Praza América”, coa que intentaremos contribuir na medida das nosas posibilidades, no obxectivo común que temos todos este ano de perigranación polo inferno: A Conquista da Primeira división.

Intentaremos pois, a través de diversas iniciativas que poremos en marcha ao longo das vindeiras semanas, axudar a que Balaídos presente unha gran imaxe nesta dura campaña na segunda división.

A primeira parada, este sábado fronte ao Eibar. Os homes de Hristo Stoichkov intentarán conseguir a súa primeira victoria nesta temporada fronte ao coxunto basco.

A xente de TodoCelta estará apoiando incondicionalmente ao equipo no seu novo emprazamento na bancada de Rio Baixo Lateral.

Para os indecisos que aínda non retiraron o seu carnet de aboados a un prezo “tirado”, o clube xa publicou as tarifas das entradas para o publico en xeral.

Asi pois este sábado ás 18.30h estaremos todos en Balaídos. Contamos contigo.

Somos de 1ª

Categorías:Casa Celta, TodoCelta

1er Aniversario TODOCELTA

Septiembre 1, 2007 karlinhos 17 comentarios

Parece mentira, pero xa temos un aniño! O pasado 30 de Agosto TodoCelta cumpría oficialmente un ano na rede.

A chegada de Pablo García foi a primeira das 1.158 noticias que publicamos en TodoCelta ao longo deste ano. Irrisorias parecen agora aquelas 48 visitas conseguidas fronte as máis de 3.000 que acadamos onte, día do anivesario, con motivo do mercado de fichaxes.

TodoCelta naceu coa vontade de aportar o noso graíño de area ao celtismo na rede, e sempre en língua galega. Moitas horas de traballo investidas que teñen a súa gratificación no, cada vez, maior apoio que recibimos por parte dos nosos lectores.

Entrevistas con xogadores e directivos, sorteo de material do primeiro equipo ou entradas para os partidos, videomontaxes exclusivos ou a posta en marcha da primeira emisora de radio exclusiva do RC Celta son algunhas das nosas iniciativas coas que intentamos facernos un lugar no universo celeste na rede.Asi pois, despois dun ano de traballo, o balance non pode ser máis satisfactorio, o que nos da mais gañas de continuar traballando a prol do noso equipo, o RC Celta.

Nas vindeiras semanas volverá a actividade TodoCelta RADIO e estrearemos o novo site, que esperemos sexa o do ascenso.

Non podemos dicir outra cousas que non sexa, GRAZAS. Grazas aos compañeiros das webs celestes que tanto nos axudaron e apoiaron, e grazas, mil grazas a todos aqueles que nos seguides diariamente. Vos sodes o motor de TodoCELTA.

Que sexan moitos anos máis …. HALA CELTA

TodoCelta.com

Karlinhos

Kikinho

Iaguinho

Categorías:TodoCelta