Celta 2 – 3 FC Barcelona


Imagen

O Celta comezou a nova tempada cunha derrota ante o actual campión, nun partido no que se repetiron erros do pasado, incluídos os arbitrales. Baiano anotou o primeiro gol na liga. O Barça deulle a volta ao partido en 5 minutos de inspiración.

Un gran ambiente, con máis de 28.000 espectadores, e unha tarde agradable de agosto invitaban a un bo espectáculo balompédico. E o partido non defraudou. Non tivo a conxunción nin a calidade que seguramente veranse máis entrada a tempada, nin a emoción propia dos partidos claves. Pero andou sobrado noutras cousas, como polémica, goles …

Fernando Vázquez colocou un once esperado, cos únicos cambios de Placente (co que Anxo xogou na banda esquerda e Lucas na dereita), e o obrigado de Gustavo por De Ridder na banda dereita. Tanto o canario como o corvo, aínda xogando a pé cambiado, foron dos mellores do Celta.

O partido tivo dous partes ben diferentes. Na primeira o xogo foi máis lento, e o Barcelona non creaba demasiado perigo. O gol de Baiano puxo aínda máis nerviosos aos cataláns, que con todo saíron a por todas na segunda parte. Nesta o partido abriuse e chegaron multitude de oportunidades por ambos bandos. En lugar dun 2-3 puido ser perfectamente un 3-2.

“O Barcelona necesitou de dous goles daquel xeito para finalmente vencernos”
Fernando Vázquez, en referencia ao arbitraje de Pérez Lasa

Entre medias, Pérez Lasa, que concedeu dous goles (o primeiro e o terceiro) cando menos, dubidosos, ademais de expulsar por dobre amarela a Iriney.

Para ser o primeiro, para ser o Barça o rival, para faltar no once xogadores como De Ridder, Placente ou o xa celeste Pablo García, para vir dunha pretemporada tan nefasta en canto a resultados, para o arbitraje sufrido? a verdade, non está nada mal.

Algúns verán o futuro do Celta abaixo; outros, arriba. Démosle tempo a este proxecto, a que se conjunten as pezas, e despois xulgaremos. Isto acaba de empezar.

crónica:celestes.org

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s