Gran Celta. Madrid 1 – 2 Celta



Os nosos xogadores acadaron a segunda victoria consecutiva en liga no estadio madridista, despois do 2-3 do pasado ano.

 

Info: Celtarrismo

O gaditano Pinto estaba erexíndose como a figura do Celta e do encontro coas súas xa habituais excelentes intervencións, cando o irregular Nené adiantaba ó noso equipo no minuto 36 de encontro ó rematar un pase de Cannobio. Pero a ledicia non durou nen tan sequera 10 minutos, cando no minuto 43 un asubiado Emerson establecía o empate no marcador, nun novo erro defensivo a balón parado da zaga céltica (e xa perdemos a conta de cantos van). Acto seguido, a igualdade ben puido racharse se o inepto de Pérez Lasa, co que Vázquez nunca acadara a victoria ata este encontro, se atrevera a asubiar un claro penalti de Iker Casillas sobre o propio Nené, que ademais ben puidera ter suposto a expulsión do madridista, tal como lle acontecera ó noso porteiro no derbi da pasada campaña en Balaidos. O Real Madrid tamén debeu quedarse cun xogador menos antes do descanso, despois dunha brutal entrada cometida por Diarrá merecedora da vermella directa, pero que o colexiado do encontro pasou por alto.

 

Durante o segundo tempo, o noso equipo non pasou tantos apuros como no primeiro período, e mesmo tivemos máis chegadas sobre a porta de Casillas, cun sensacional disparo de Nené ó longueiro incluido. Cando moitos terían asinado o empate, o canario Jorge Larena acadaba ós 82 minutos o definitivo 1-2 tras pase dun Ángel que lle roubara o balón a Reyes de forma espléndida.

Esta primeira derrota do Madrid en casa na presente campaña (sumando tamén a Copa de Europa) supón a terceira victoria céltica como visitante no actual campionato ligueiro en cinco saídas, nas que suma 10 puntos. Isto, sumado á victoria en Liexa e ó empate no encontro de Copa en Gasteiz, fainos ser optimistas de cara ós dous vindeiros e importantísimos encontros a domicilio, ante o Coruña en liga e o Newcastle en UEFA.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s