Segue a Guerra das TV


la sexta vs tvg A irrupción da sexta no panorama audiovisual segue a dar moito que falar.

Despois de que a galega perdera os dereitos de retransmisión dos encontros da primeira división, os que viña emitindo nos últimos 15 anos, comezou unha guerra entre o canle autonómico e a nova emisora de Mediapro.

A TVG aspira a reabrir as negociacións para poder conseguir que as emisións volvan a ser en Galiza, en aberto e en lingua galega. A canle autonómica argumenta que laSexta non ten a cobertura axeitada para garantir a recepción da súa canle nos fogares galegos.

Ademáis, considera un dereito que os cidadáns galegos poidan ver o fútbol (considerado de interese xeral) na súa lingua propia. laSexta intentou a finais de verán pór en marcha un sistema dúal coa que os cidadáns con lingua propia poiderán elixir opcionalmente o idioma no que escoitar as retransmisións. Pero diversos problemas técnicos están a impedir que esta característica funcione. De feito, hai ben pouco, todo o Estado tivo que escoitar os primeiros minutos dun encontro en catalán, e, a día de hoxe, eu coa miña TDT non son quén de sintonizar laSexta en galego (no fútbol, evidentemente).

 O director xeral da TVG afirmou “que non foi problema de cartos” o que impediu que a galega tivera o fútbol en aberto.

Veremos en que queda todo isto.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s