18.101. ¿Onde están?


carnets celta

Onte ao mediodía aconteceu un acto histórico en Casa Celta. Por fin, despois de tanto secretismo, a nova directiva deu os datos oficiais sobre a masa social do RC Celta de Vigo. Somos 18.101 socios.

O ano pasado eramos 15.900. Esto amosa un claro crecemento na masa social, sen embargo, a media de espectadores en Balaídos non pasa dos 13.000 siareiros. Hai un gran grupo de socios, que despois de pagar o seu carnet non acuden ao estadio a animar o seu equipo.

O RC Celta, empeñado en tratar ben ao socio e aumentar a masa social, chamou un por un aos aboados que non acuden acotío a Balaídos. Entre as causas encóntranse as xa sabidas por todos. Nunha maioría de casos, o aboado non acude por incomodidade. É dicir, por aparcamento. Isto se agrava, se o partido é televisado en aberto, tal e como aconteceu nos dous encontros de UEFA, e seguramente aconteza no de Copa deste xoves.

Entre os aboados que se deron de baixa (uns 1500) as causas máis comúns son os prezos (os do Celta son os abonos máis baratos do fútbol español), falta de tempo, e entre 1 de cada 5, a falta de aparcadoiro. Neste sentido a directiva xa comunicou que está a traballar en diversos frentes, un deles, a mellora das frecuencias de autobuses.

Neste mesmo senso, a directiva tamén quere facer un esforzo para lograr unha maior asistenza dos siareiros de fóra de Vigo. Actualmente este colectivo só chega ao 22 % do total.

Martinez Cobas salientou que o número de aboados e espectadores non reflicte na súa totalidade o sentimento celtista que existe tanto en Vigo como en Galiza. De feito, o RC Celta é un dos equipos máis comprados por PPV, só por detrás dos grandes, e os seus partidos televisados, acadan unha espectacular audiencia en Galiza, sendo os programas máis vistos da canle autonómica, e lideres fronte a toda a oferta televisiva, competindo con xigantes como Gran Hermano ou Cuéntame, con audiencias que rondan o 33 % de share.

Carlos Mouriño, despois do partido de UEFA, amosábase entristecido porque “xa non sabia que facer“. Intentaron por tódolos medios levar xente a Balaídos, pero non o conseguían. Certamente frustante.

Agora vén o gran debate. ¿Porque a xente non acude a Balaídos? ¿Abonda a escusa do vello estadio? ¿A afección só apoia ao equipo nos bos momentos? ¿ou este equipo lle queda grande a esta afección?.

E vos, ¿que pensades?

Anuncios

Una respuesta a “18.101. ¿Onde están?

  1. Pingback: ¿Cantos abonados ten o Celta? « TodoCelta - Celta de Vigo·

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s