Gustavo quere reaparecer en Riazor


O partido do domingo non é un máis para Gustavo López. O arxentino está intentando apurar a súa recuperación para reaparecer ante o seu eterno rival. Nunca negou a súa condición de antideportivista e cada vez atópase “máis identificado coa camiseta do Celta e a afección”. Por iso confía en estar a punto para o que el denomina “o partido”, un duelo no que “hai máis de tres puntos en xogo” e ao que os celestes chegan logo de encaixar dúas derrotas seguidas en casa.

“Son partidos que marcan un antes e un despois e nos que hai que ter a cabeza fría pero xogar co corazón quente. Temos que facer borrón e conta nova, corrixir os erros que estamos tendo e levantarnos ante as adversidades”, explicou.

Gus coa camisola do Celta Pola súa condición de celtista confeso, Gustavo non cae moi ben na Coruña, pero el recoñece que “a min me dá o mesmo o que pensen alí de min. O de alá resúltame insignificante. O que me importa é o que diga a miña xente”.

Precisamente, polos afeccionados sería moi positivo conseguir a vitoria ante o eterno rival no seu estadio, onde o arxentino viviu momentos bos e dramáticos nos últimos anos. “Eu sempre sufrín en Riazor. Sobre todo naquel partido do ano en que baixamos a Segunda. Por iso trato de non traelo moito á memoria. Pero estes partidos, como a final da Copa do Rei, por moito que vaia cicatrizando a ferida sempre os tes na retina”, admite o céltico.

Aínda que o mellor exemplo que poden tomar os celestes é a vitoria do ano pasado, precisamente nun partido que se perdeu Gustavo López por decisión técnica, aínda que non por iso deixou de levarse “unha gran alegría“. O de agora é outro Depor moi cambiado, pero o que lle preocupa ao arxentino é “como esteamos nós. Xa demostramos o que somos capaces de facer no Bernabéu e hai que repetilo en Riazor este domingo”.

Entre algodones. De momento, o once do Celta aínda segue ejercitándose á marxe do grupo para recuperarse do seu rotura de fibras, pero ten esperanza de estar dispoñible esta semana: “Imos mellorando da perna pero hai que ir con precaución. A ver cal é a evolución ao longo dos días. Eu son bastante optimista e coas ganas que teño de reaparecer, a ver se podo recuperarme pronto”.

Anuncios

2 Respuestas a “Gustavo quere reaparecer en Riazor

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s