¿A hora do filial?


O Celta afronta o vindeiro partido fronte o Depor con un elevadísimo número de baixas. Para este encontro figuran fixos na convocatoria celeste Pinto, Esteban, Ángel, Contreras, Yago, Iriney, Oubiña, Jonathan, Jorge, Canobbio, Nené, Baiano e Perera. Placente é seria dúbida ó atóparse entre algodóns; o resto da convocatoria terá que completarse con xogadores do filial.

Aquí toman importancia xogadores do Celta B que poderán tela súa oportunidade nestes momentos tan difíciles pra o conxunto celtiña. Jonathan Vila parece que formará parte da convocatoria salvo sorpresa maior. Poden entrar tamén na convocatoria homes como o habilidoso e descarado extremo Dani Ábalo, Roberto Lago (que xa fíxera a pretempada e xogado algúns amistosos cos maiores), o defensa Martino, o prometedor dianteiro Adrián Quintairos ou a revelación desta tempada, o irmá pequeno de Jonathan, Iago Aspas (na foto). Richi non podería entrar na lista porque estase a recuperar dunha lesión.

Esperemos que os rapaces do B axuden a gañar en Riazor e se pode ser con gol dalgún mellor que mellor. O vindeiro domingo sairemos de dúbidas.

Anuncios

2 Respuestas a “¿A hora do filial?

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s