Baiano quece motores


Fernando Baiano, responsable da punta de ataque do Celta, está convencido de que o domingo porá fin ao seu malo refacho de cinco partidos sen marcar (leva sen facelo desde o choque de San Mamés) porque o equipo necesita os seus goles máis que nunca. Soña con gañar en Riazor por máis dun de diferenza para adiantar ao Deportivo na táboa e está seguro de que o domingo se verá un gran espectáculo.

¿Como afronta o equipo o derbi logo de gañar no Bernabéu no último partido a domicilio e en plena crise de resultados en Balaídos?

-Temos moitas ganas de facer un bo partido e sacar os tres puntos porque perdemos os dous últimos partidos en casa. Agora tócanos facer todo o posible por volver gañar fora e repetir un éxito como o de Madrid.

-¿Sería importante desde o punto de vista anímico repetir a vitoria do ano pasado en Riazor?

-Gañar é fundamental para nós, non só porque sexa un derbi, senón porque é un partido moi importante. Non nos vai a dar seis puntos, pero necesitamos os tres que están en xogo porque unha vitoria daríanos moita confianza para recuperarnos das últimas derrotas en casa e mirar cara a adiante.

-Gañando por máis dun gol de diferenza volveríanse a pór por diante do Deportivo…

-Esa posibilidade é importante por tratarse dun rival como o Dépor. Aínda que sexa difícil, intentaremos conseguilo e para iso iremos respectalos e a intentar facer o noso fútbol. Creo que vai ser un partido bonito no que os dous equipos imos pelexar moito polo balón. O Deportivo, igual que nós, ten un equipo ao que lle gusta tocar ben a pelota e por iso creo que se vai a ver un gran espectáculo o domingo en Riazor

-¿Pode influír no potencial do Celta a enorme cantidade de lesionados?

-Non creo, porque o Celta ten outros bos xogadores dispoñibles que intentarán facelo o mellor posible.

-¿Que ambiente esperan no campo do eterno rival?

-Seguro que non imos ter un bo recibimento, pero van ir un gran número de afeccionados nosos e seguro que nos apoiarán moito.

-Vostede é un dos poucos titulares habituais que aínda non se lesionou. ¿Como sente fisicamente logo de xogar tantos partidos seguidos?

-Grazas a deus estou ben e espero seguir xogando e axudando ao equipo ata o final da tempada. Con tantos partidos sempre hai algunha molestia, pero nada que me impida xogar.

-¿Faille unha ilusión especial volver marcar un gol na Coruña logo de cinco partidos sen conseguilo?

-Sempre me fai moita ilusión anotar e seguro que agora, no momento no que o Celta máis me necesita, vou estar aí para marcar.

-No último partido en Balaídos, logo de perder ante o Recreativo, un grupo de espectadores esperoulle na saída do estadio para aplaudirlle e contrarrestar a eses poucos que habitualmente lle esperan para insultarlle. ¿Que lle parece esa mostra de apoio? ¿sente máis querido pola afección?

-Sempre intento facer o meu traballo o mellor posible e dáme igual o que a xente pense. A ese público que me apoia, que lle gusta o meu fútbol e que está comigo nos momentos difíciles, é ao que quero dar moitas alegrías e farei todo o posible para conseguilo.

-Ninguén quería quedar eliminado da Copa do Rei, pero ¿pasar de eliminatoria e seguir en tres competicións sería un problema tal e como están as cousas coas lesións?

-Non creo que fose un problema. As lesións son cousas que pasan o fútbol e é verdade que nós temos moitos xogadores lesionados, pero contamos cun bo persoal que podería facelo ben nas tres competicións. Agora que quedamos fóra da Copa estamos obrigados a dalo todo na UEFA e a Liga.

(LaVoz)

Anuncios

2 Respuestas a “Baiano quece motores

  1. Baiano!!! amosa todo o teu potencial!!! amosa quen es e marca un dos teus goles incribles…. sabemios que podes…se queres….metes tres!!!

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s