Tres celestes participan na derrota de España


Toda a expedición céltica convocada para o partido España – Rumanía participou no encontro.

Ángel deboutou con España saindo de titular e cuaxando unha boa actuación ata no minuto 76 no que foi substituido por Sergio Ramos, mentres que Borja Oubiña tivo que agardar ata o segundo tempo cando saiu para facer parella con Senna no medio do campo.

Pola súa banda, Tamas tamén saiu de inicio xogando 85 minutos.

España volveu ser superado por un rival, en teoría máis feble, facendo máis grande a ferida que existe en todo o ambiente que rodea a selección.

Unha perda de balón no mediocampo propiciou que Rumanía se adiantase no marcador grazas a un gol de Marica que bateu a Casillas de disparo raso.

O mellor do encontro foi un ex-celtico, Silva, que segue a marabillar, consolidándose como unha das promesas máis grandes do fútbol español.

Anuncios

Una respuesta a “Tres celestes participan na derrota de España

  1. Aínda que non me cae moi ben a selección do estado, noraboa pra Ángel (que merece e merecía debutar máis que ninguén) e por suposto a Oubiña que é o único da terra que nos representa. Tamén parabéns pra Tamas que parece que é fixo nos planes do seleccionador rumano, o tal Piturca este.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s