O Clásico está que arde


Comeza a quecerse o ambiente para o clásico do domingo. Onte ao adestrador coruñeses quentábaselle a boca facendo alarde da súa ignorancia e presumindo de que o seu equipo era mellor ao Celta en todo.

“O meu equipo, o Deportivo, é mellor en todo ao Celta. O mellor de Primeira. O presidente do Celta algo terá para ter convencerse a si mesmo disto”.

Tamén Coloccini, asustado, acusaba ao Celta de ir de victima por laiarse das súas baixas.

“Pode ser que queiran ir de vítimas, pero un derbi non se engana, non hai vítimas: ou se gaña, ou se perde; non hai baixas. Eles teñen xogadores no seu plantel que poden cumprir as súas funcións”

Entre tanto despropósito, apareceu o pequeno Deus arxentino, que nun encontro dixital na Voz de Galicia, respondia deste xeito.

-¿Imaxínase volver encaixar 5 goles como antes de baixar a Segunda e non poder facer nada para evitalo?
-Tamén me imaxino gañarlle 0-2 e que o Deportivo non entre en UEFA.
-¿Que preferiría gañarlle ao Dépor os dous partidos ou gañar a Liga e perdelos?
-Gañar ao Dépor os dous partidos é como gañar a Liga dous anos seguidos, facer un dobrete.
-¿Que cres que lle falta ao Celta para ser un dos grandes?, Un Saúdo e Sorte no partido
-Considero ao Celta un grande de Europa, non por títulos senón por xogo.. Por aquí pasaron Benfica, Juventus, Liverpool,… e saíron derrotados. Só nos falta un título.
-¿Cre que a aficion do celta é mala?
– Non, é a mellor de España.
-¿Por que cre que é a mellor afección de España?
-Porque nos momentos malos sempre está connosco, como en Segunda. Non só está nas boas, senón nas malas tamén. Por iso considéroa a mellor.

Anuncios

2 Respuestas a “O Clásico está que arde

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s