CELTA COR DA GALIZA


Domingo 19 de Novembro do 2006. Xa temos outra data que gardar nas nosas memorias celtistas, o mesmo que fixeramos a tempada pasada cando o 29 de Abril acadamos unha cómoda victoria por 0-2 no mesmo estadio. Esta vez só puidemos meter un tanto, pero plantexamos o encontro igual que na tempada pasada. Seriedade nunha zaga adiantada, e mermada polas baxas, e contrataque explosivo tendo en Cannobio o xogador máis determinante da noite de onte.

Dende o primeiro minuto, o Celta tomou as rendas do encontro a base da súa adiantada defensa e un excelente traballo dos homes de mediocampo, e un Cannobio sobresainte, o que onte só lle faltou acadar a recompensa do gol.

O Korunha aplicouse en conter as acometidas celestes saindo con rapidez tras cada balón roubado, e volcándose nas accións a balón parado. Caparrós tomou boa conta dos problemas célticos en defender este tipo de accións e apremiou os seus durante a semana. Pero desta volta Vazquez matizou a marcaxe individual, situando a linea de marcadores na frontal, algo que xunto coa intensidade que amosaron os celestes durante os 90 minutos, fixeron que non se sufrise moito nesas accións.

Na primeira parte o resultado terminou co 0-0 inicial e con apenas un par de ocasións para cada equipo, sendo Canobbio e Baiano os celestes que tentaron perforar as mallas deportivistas. Esta primeira parte foiu de ida e volta, pero sen excesiva claridade por parte de ambolos dous bandos nos últimos metros.

Caparrós leu rápido o encontro e fixo o seu segundo troco, anteriormente Arizmeni foi sustituido por Estoyanoff logo de resentirse das súas doenzas, dando descanso a Sergio e introduciondo o futuro aspirante a Mike Tyson, Taborda. A súa misión era clara, recibir os pases en longo dos seus compaeiros para que Cristian Verdú Riky ou Stoyanoff puidesen aproveitar as súas deixadas. Isto non foi posible xa que Yago estubo inconmensurable por alto, pero o Korunha comezou a presionar mais e máis ó Celta. Asi comezou o Celta a xogar a contra, como todos agardabamos durante a semana.

O partido estaba maduro, co campo ancho para os dous equipos, doce para o que soubese aproveitar a súa oportunidade; e ese foi o Celta. Á saida dun corner, Jonathan recupera o esférico, da un pase adiantado para Nené, este devolve a Jonathan e comeza o seu desmarque. Mentres Jonathan sube o balón, Cannobio aparece para axudar a Baiano a abrir ocos na defensa turka, cousa que é aproveitada por Nené para adentrarse só e rematar a pracer o pase perfecto de Aspas, cruzando sobre a saída de Auate. Unha contra perfecta, ABC do fútbol.

O delirio apoderouse de todos os afeccionados que ali estabamos, e se xa montabamos pouca troula, despois do gol non oubo nin un segundo de descanso dando folgos o noso equipo. O máis reseñable a partires dese momento a parte da absurda pero merecida expulsión dun impotente Lopo por simular unha caída na área céltica, foi o despliegue de facultades puxilisticas dun xogador que non se sabe moi ben se algunha vez acadou o rango de futbolista… refírome a Taborda, un home que dende que chegou a Korunha está a pasar con máis pena que gloria e polo menos o que aqui escribe non lembra un gol seu, nin unha actuación de mérito. Nun salto co noso querido Pinto, propinoulle un cobadazo tremendo na cabeza o que fixo que Pinto se revolvese con furia e comoezase un pequeno rifirafe que non pasou a maiores.

Tamén se reclamou un posible penalty a Nené ainda que Velasco Carballo decidiu dar continuidade o xogo xa que Nené esaxerou moito a caida perxudicando os intereses do equipo.Pola sua parte,Velasco Carballo non influiu no resultado e a súa arbitraxe non se pode calificar de deficiente, pois non cometeu errores de bulto a pesar dos moitos barullos que oubo nas áreas. O que si que é reprochable e o escaso criterio á hora de amosar cartóns xa que Cannobio puido sufrir unha lesión que mermaría inda máis os efectivos do Celta cunha entrada moi dura por detrás de Juannma que non viu cartón algún.

Anuncios

6 Respuestas a “CELTA COR DA GALIZA

  1. os llevo siguiendo desde el principio y quiero felicitaros por el seguimiento del partido contra el deportivo.
    no se si sois conscientes pero os estais convirtiendo en la mejor web del celta.
    mi mas sincera enhorabuena.

    hala celtiña!

  2. Non fodas!!!!! de verdade pensas iso???? que o pensemos nos…vale jejej pero non sabia de tal repercusión por Galiza adiante.
    Que conste que me currei a crónica eh!! jajaja, pero o traballo nesta web é de todos, e todos podedes axudar de moitas maneiras. Videos, fotos, noticias, rumores…so tedes que porvos en contacto e tentaremos que esta Web siga crecendo para que todo-los celtistas teñan a necesidade de votar unha ollada o día as nosas novas.
    Saudos e graciñas!!!!!!!

  3. Verdaderamente estes comentarios son os que animan a seguir traballando pra consolidarnos. Os colaboradores temos parte de mérito, pero sen dúbida aquí o gran currante e o que debe levar todolos nosos aplausos é KARLINHOS!!! Este rapaz é un fenómeno, e e o que está todolos días dándolle duro.

    KARLINHOS CRACK SEGUE ASÍ!!!!

  4. joe rapaces, así da gusto érguerse e encender o ordenador!!
    Moitas grazas manu polo teu apoio. Sabemos sen dúbida que ti, dende o principio, es un dos habituais x aki, e iso si que merece un aplauso.
    Pola nosa parte, non dubides que seguiremos traballando duro para que esto saia adiante.
    MOITAS GRAZAS DE NOVO!!!

    Vos sos mi pasión, no te dejo de animar, cada día me gustas más, CELTA!!

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s