Só o Barcelona nos fai fronte


Se a Liga só dependese dos partidos xogados fora da casa, o Celta coa victoria en Riazor houbese dado un paso de xigante para acadar a Liga de Campións.

E é que nestes momentos tan só o Barcelona, e posiblemente o Real Madrid, manten o ritmo infernal dos vigueses a domicilio. Tanto celestes como culés suman a frioleira de 13 puntos dos 18 posibles. Ambos gañaron 4 empataron un e perderon outro. Cousa que podería pintar mellor para o Celta de non ter a mala sorte que acompañou o equipo no partido fronte o Espanyol, onde mereceron a victoria, o mesmo que en San Mamés.

O madrid segue os pasos de Celta e Barcelona moi de preto con 12 puntos. Os de Capello, tamén é importante sinalar que levan un encontro menos, co que no suposto caso de gañar o Valencia esta xornada serían os virtuais lideres (inda que se antoxa complicado vendo o xogo que desprega)

O cuarto desta desputa é o Atlético de Madrid que suman 11 puntos. A partires de ahí xa atopamos un salto cualitativo tendo no qunto lugar ó Recreativo de Huelva (unha das sorpresas desta tempada) con 9 puntos, así como Mallorca, Vilareal e Sevilla con 7.

Unha das maiores sorpresas é o Valencia que nesta hipotética clasificación só acada 5 punto, e iso que se falou moito e moi ben do equipo de Quique Sanchez Flores.

Na cola da clasificación atopamos a varios dos nosos queridos “amigos” da Liga; O Korunha con 3 puntos e o Betis con tan só 1 punto pechando a clasificación.

Anuncios

3 Respuestas a “Só o Barcelona nos fai fronte

  1. Se fósemos a metade de eficaces na casa do que somos fora, xa estariamos en postos europeos.
    O que lle pasa a este Celta é que cando ten que levar o peso dos partidos e o rival méteselle atrás, non sabe que facer co balón. Pra o meu gusto fáltalle un medio centro con criterio pra mover o balón e que canobbio entre máis en xogo; esas deberían selas craves!!

  2. Pois estou de acordo, a clave é un medio que acompañe a Borja e non só recaia o peso de repartir o xogo na súa persoa.
    Pero tamén hai outra clave.. e esa é a plantilla tan curta que temos este ano. Javi Guerrero foise…e non trouxemos outro xogador…lateral esquerdo…só Placente, centrais…estamos a ver que un máis non nos viría nada mal.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s