Celta 1 – 0 Fenerbahçe


ESTEBAN PAROULLE UN PENALTI A ÁLEX NA PRIMEIRA PARTE

Copa da UEFA 2006-2007

Liguiña. Xornada 4 GRUPO H

Celta 1

1-0, M.76: Canobbio

Fenerbahce 0

Ficha técnica

Alineacións
1 – Celta de Vigo: Esteban; Ángel (Gustavo López, m.21), Tamas, Contreras, Placente; Iriney (Perera, m.72), Oubiña; Aspas, Canobbio, Nené; y Baiano (Yago, m.90).
0 – Fenerbahce S.K.: Volkan; Onder, Lugano, Edu, Ugur (Tumer Metin, m.80); Appiah, Bariç (Yozgatli, m.80), Aurelio, Tuncay; Alex y Kezman (Deivid, m.71).
Árbitro
Arbitro: Paul Allaerts (BEL). Amonestou a Gustavo López (m.34) y Placente (m.79), por parte do Celta de Vigo, e a Kezman (m.36), por parte do Fenerbahce. (Patética actuación tanto do trencilla principal coma do seu axudante que cubría o ataque celeste no segundo tempo)
Incidencias
Encuentro correspondiente á cuarta xornada da liguiña da Copa da UEFA disputado no estadio municipal de Balaídos ante uns 12.000 espectadores. Pequenos altercados dos afeccionados turcos cando os Celtarras levantaron unha pancarta reivindicando a liberdade do Kurdistan. (que se fodan os turcos jajaja)

Un gol de libre directo do uruguayo Fabián Canobbio, a falta de pouco máis de dez minutos para o final, deulle a primeira victoria o Celta na Copa da UEFA ante o Fenerbahce turco (1-0), co que chega a última xornada con serias opcions de clasificarse para os dieciseisavos de final.

O partido comenzou con moita intensidade e bo ritmo por parte de ambos conxuntos. Os dous equipos, conscientes da importancia do choque, estaban moi metidos no encuentro e dende os primeiros minutos de xogo comezaron a sucederse as ocasiones na portería do equipo que dirixe el brasileño Zico.

As primeiras oportunidades do Celta chegaron a balón parado. No minuto 3, o rumano Tamas rematou alto unha falta lateral executada por Nené e, un despois, foi o uruguayo Canobbio quen o tentou dende o borde do área, pero seu remate foi detido non sen problemas polo meta Volkan Demirel. Os homes de Fernando Vázquez lles custaba superar a un ordenado Fenerbahçe, xa que o conxunto celeste apenas atopaba espazos no centro do campo.

Nembargantes, no minuto 7, o equipo vigués sorprendeu o conxunto de Zico descolocado e montou un rápido contraataque que culminou Jonathan cun remate que se estrelou contra a rede lateral. O Celta parecía que ía dominar o encontro, xa que o equipo turco, ata ese momento, estivo moi cómodo sobre o campo buscando o xogo de contraataque. Sen embargo, na súa primeira aproximación ó área celeste, no minuto 10, o Fenerbahçe atopouse cun penalti a favor que lle puña o encuentro de cara.

Esteban, providencial

Balaídos encomendouse a Esteban cun tremendo cántico, e o meta asturiano respondeu cunha gran parada o remate do brasileiro Alex, evitando así o gol do equipo turco. A intervención do porteiro espoleou os seus compañeiros, que reaccionaron de seguido cunha xenialidade de Canobbio, pero seu disparo despexouno a corner un magnífico Volkan cunha espectacular estirada.

Co paso dos minutos, o ritmo de xogo decreceu e o partido morreu no centro do campo. O Fenerbahce é un equipo que se arma tan ben dende atrás que é complicado facerlle dano. Se a eso lle unimos que o Celta atacaba con poucos xogadores e o pobre de Fernando Baiano estaba moi so en ataque, era case que imposible que os celestes superasen a defensa do conxunto otomano. (A todo isto hai que unirlle ao medo escénico que sofren os celestes xogando diante da súa afección, os continuos erros por alto, a inoperancia de Harry Potter no banquiño…)

E o fío do descanso, de novo tras un erro celeste, o conxunto turco volveu gozar dunha boa ocasión, pero o remate do brasileiro Alex salvouno baixo paos Tamas; definitivamente esta non ía ser a noite de Alex para ledicia dos afeccionados celestes.

A Gustavinha tivo efecto

Os berros de Gustavo os seus compañeiros nas escaleiras de acceso o campo case se puideron escoitar na grada de Gol. Xesticulizando berrando e animando os seus compañeiros de cara o segundo asalto do partido. Unha imaxe digna del, do capitán do Celta nas nosas mentes, o último reducto do Celta daquelas noites de gloria na copa da UEFA.

Pois si, a Gustavinha fixo un efecto positivo no encontro, non polo xogo despregado polo Celta, pero si tanto no resultado final como na actitude dos xogadores sobre o terreo de xogo. Puidose ver un Baiano que subía e baixaba unha e outra vez, presionaba roubaba balóns, o mesmo que Jonathan que estase a consolidar como titular indiscutible.

No inicio do segundo tempo, o Fenerbahce imprimiu unha marcha mais o xoego, e o Celta acusouno rápidamente. O equipo de Fernando Vázquez, moi castigado físicamente pola plaga de lesións que padece, viuse obrigado a retroceder metros e a cederlle o mando do choque o rival. Pero nisto tamén ten participación unha vez mais o señor Fernando Vazquez, deixando no banquiño a un home como Jorge Larena que o meu entender é un luxo ter a este rapaz quentando banquiño tal e como pintaban as cousas.

Os dez minutos da reanudación, o Fenerbahce comezou a mostrar o seu potencial ofensivo e puido adiantarse con dúas chegadas o área: primeiro cun cabezazo de Alex o longueiro e despois cun impresionante remate do ghanés Appiah o pao. Estas foron as mais claras ocasións pero cabe reseñar que Esteban evitou o gol en varias ocasións coas súas intervenciós.

Pero cando mais tocado estaba o Celta apareceu a figura de Canobbio… e de qué xeito!!!. Primeiro, o uruguayo deu un maxistral pase en profundidade á espalda da defensa visitante que Baiano non aproveitou para superar, no man a man, o meta Volkan; e despois, no minuto 76, logrou o único tanto do partido cun libre directo que colocou no fondo da rede para ledicia dos verdadeiros xiareiros celestes.

A partires de ahí, o Celta votouse atrás e limitouse a perder tempo para conservar un resultado que lle da moitas opcións de clasificarse para os dezaseisavos de final do torneo continental.

Anuncios

5 Respuestas a “Celta 1 – 0 Fenerbahçe

  1. Liberdade para o kurdistán!!!…

    Unha alegria moi grande a de onte.

    Por outra banda, penso que non é bo falar só do que nos vos gusta de vázquez. A min, persoalmente, deume moitas alegrias (o ascenso, as victorias frente ó coruña despois de anos e anos sen gañar, as victorias frente o mandril…) entendo que haxa cousas que nos vos gusten pero boto en falta que, cando lle saen as cousas ben, ningúen diga nada… e que conste que é unha crítica constructiva. Este home está sufrindo mil veces mais críticas que un cretino como antic, a quen, pese a ser a viva encarnación do mal, non se lle criticou nin a metade que a outros (o que vale ter boa prensa…)

    Bicos celestes.

  2. A verdade e que pode parecer que só critico a Vazquez cando as cousas non pintan ben, pero non é asi. Nunca entenderei a súa lentitude para facer cambios… sacar a Jorge o outro dia fronte o Zaragoza para xogar 7 minutos!!! paréceme queimar a mentalidade dun extraordinario xogador, que en 7 minutos amosou un fútbol 100 veces mellor que o que estaba a despregar o equipo. Centrou catro veces dende a banda (que non é a súa posición) roubou balóns e imprimiulle veliocidade o ataque. E non foi por que estivesemos con un xogador mais porque Gustavito xa fora expulsado.

    É verdade que lle teño que agradecer a Fernando Vazquez as victorias do Bernabeu, as victorias en Korunha, o ascenso en un só ano, a UEFA con sabor a Champions porque quedamos a pouquiños puntos…a confirmación de Oubiña… pero e que ten teimas que poden levar a perdición a este equipo. ¿Por qué entende como perda de tempo entrenar o balón parado? Carallo!!!! que se non fose por eses goles seriamos lideres de primeria División!!!!
    Un saudo Petula!!! bikos e pertas

  3. Totalmente dacordo iago, pra o meu gusto Vázquez mete a pata moitísimo máis do que acerta. O dos cambios é inexplicable, o de Jorge tamén pero o máis sangrante é o do balón parado que a día de hoxe é o causante de máis da metade dos goles do fútbol.
    En fin, todo é cuestión de gustos, temos que apoiar ao equipo (incluido a Vázquez)e sacar isto adiante.

    Bikus e pertas!!!!

    HALA CELTA!!

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s