Mallorca 2 – 2 Celta



O Celta conseguiu un importante empate en terras mallorquinas, nun partido que se puxo moi dificil ao ir perdendo por dous goles a cero.

Os vigueses comezaron o partido con moi pouca intensidade, o que pagaron xa no minuto 6 co primeiro gol local. A mellor ocasión dos celestes estivo nas botas de Baiano, aínda que non foi quén de perforar a meta de Toni Prats.

Na reanudación, de novo no minuto 6, un extraordinario disparo de Jankovic, conseguiu colarse, non sen fortuna na porta de Pinto. Mal pintaban as cousas para os nosos, ata que Baiano probou sorte e coa axuda de Prats, conseguiu marcar o 2-1.

Os celestes intentaron botarse arriba, pero ao igual que aconteceu a semana pasada, o troco de Iriney por Perera só lle restou posesión e profundidade aos de Vázquez.

Tivo que ser Perera, grazas a un polémico penalti e que tivo que ser lanzado dúas veces, o que puxo o empate no marcador. Os vigueses tiveron ocasións dabondo para levarse a victoria pero non deu tempo para máis.

O Celta consegue, deste xeito, un valioso empate, que vendo o transcurso do partido deixa bo sabor de boca. Cómpre salientar o debut de Abalo que callou unha boa actuación.

Anuncios

3 Respuestas a “Mallorca 2 – 2 Celta

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s