Reforzos de inverno


Por primeira vez en moito tempo, Fernando Vázquez terá a dezaoito xogadores da primeira plantilla para completar unha convocatoria sen necesidade de recurrir ó filial. As recuperacións de Ángel, Lequi, Nuñez e De ridder, ademáis da reaparición de Gustavito tras cumplir a sanción federativa, mellorará o potencial defensivo e atacante do equipo, principalmente nos costados. A banda dereita verase mellorada considerablemente.

LEQUI: Con Tamas renqueante coa súa pubalxia da que será operado no parón invernal, a volta de Lequi reforzará o centro da zaga celeste cun xogador de autoridade solvencia no xogo aéreo e calidade na saida do balón. O futbolista arxentino, ademáis aportará chegada nos corners e faltas perto da área rival. Ademáis posibilitaría as rotacións para tentar manter a frescura no equipo.

NÚÑEZ: O flanco dereito da dianteira quedou  horfo coa lesión do madrileño e a sanción de Gus tras superar un problema muscular. Fernando Vázquez confía en moitos momentos no traballo defensivo e  o desgaste físico que aporta o madrileño. O seu regreso o equipo tamén permitirá dar descanso a Nené e trasladar a Gus a súa posición natural pola esquerda.

DE RIDDER: O holandés foi un dos futbolistas que máis sorprendeu a Nené cando chegou a Vigo pola calidade innata do xogador. Unha latosa tendinite truncou a progresión que todos agardamos del e que pode convertirlle nun valiosísimo elemento para as bandas celestes durante moitos anos.

ANGEL: Co seu concurso, o Celta gaña o máis versátil do plantel xunto co moañés Jonathan e unha peza de recambio para o lateral esquerdo conde Placente está a acumular moitos partidos nas súas pernas.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s