Vazquez agarda unhas “vacacións maravillosas” (nós tamén…)


Os xogadores da primeira plantilla non fixeron ponte. Disfrutaron de dous días de descanso ó principio da semana e onte regresaron o traballo para preparar o partido do domingo fronte o Vilareal. O descanso chegará a final de ano, e o adestrador agarda que sexan unhas “vacacións maravillosas”.

A cita en Balaidos fronte os castellonenses é unha das catro citas que lle quedan por afrontar entre Copa da UEFA e Liga (despois xogará fronte Palermo, Levante, e Real Sociedade) para iniciar as nove xornadas de descanso pola festividade do Nadal.

Para o adestrador dos celtiñas, antes de que acabe o ano, o Celta afrontará “catro partidos importantes, que poderían levarnos a unhas vacacións maravillosas”, sempre que se obteñan bos resultados, sobretodo pensando no pobre balance que levan este ano no estadio de Balaidos.

Con un empate fronte o Palermo están clasificados para os dezaseisavos de final da UEFA e con tres victorias no campionato ligueiro superarían por un punto o rexistro acadado a tempada pasada na mesma xornada ( 27 fronte a 26).

“Son catro partidos vitais para sinalar o camiño polo que vamos transitar o ano que ven”. A clave para logralo é mellorar en casa “onde estamos fallando un pouco”(iso de pouco… depende de como o miremos ¿non Harry?)

“So nos faltan resultados importantes na casa porque vendo os partidos do Celta contra rivais fortes, da a sensación de que estamos ahí, que podemos pelexar con calquera”. “Entón a clave de todo atópase en casa: temos que facer o imposible para gañar ou polo menos non perder”. So así , o Celta poderá disfrutar das maravillosas vacacións das que fala o noso querido Harry.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s