Celta 2 – 5 Azkar Lugo


Celta FS 2 - 5 Azkar Lugo

Encontro de máxima rivalidad en Vigo, derbi das necesidades para o Celta ante un Azkar que vén de endosarlle 10 goles ao Zaragoza na pasada xornada.

O Celta non puido vencer neste novo derbi galego trascendental para as aspiracións de permanencia do cadro vigués. Os de Montero comezaron perdendo fronte a un dos grandes da categoría, e aínda que, estiveron a punto de dárlle a volta ao marcador, finalmente tiveron que ver como os tres puntos marchaban cara terras lucenses.

Podedes ler a crónica completa premendo no artigo ou na nosa sección TodoCelta FS.

O partido arrinco cunha forte presión do Azkar ao equipo vigués que se viu en dificultades para pasar o medio campo con claridade. As primeiras oportunidades foron para o Azkar, nas botas de Riquer pero sen finalización. Os primeiros minutos fueroin de asedio na portería defendida por Arrivi que non tivo problemas para frear as acometidas lucenses.

A primeira gran ocasión e clara do Celta chegou aos 5 minutos cando Chenlli adiantouse e deixou a porta baleira pero Ari e gustavo leáronse e acabaron perdendo a posesión do balón.

A fatalidad en forma de goles chegou a falta de seis para o final. O primeiro obra de fernandinho que recolleu o despexe dun paradón de Arrivi e o segundo no seguinte contraataque que deixou a Paulino soa fronte ao porteiro que nada puido facer para evitar que o tanto subise ao marcador.

A tolemia chegou ás Travesas co gol local, obra do canterano Carlos Borrajo que se estreou en liga e en casa. Gol tras unha boa combinación con Chelito que se foi de quen quixo e viu só a Borrajo no medio do área e bateu a pracer a Chenlli para recortar distancias antes do descanso.

Tralo descanso o Celta subiu liñas e houbo oportunidades para ambos conxuntos. Pero o gol chegou para o Azkar, un roubo de PC no medio campo e a defensa celeste toda na outra parcela. 3 para un e gol de Fernandinho nun partido moi bronco con moitas faltas, moita rivalidad.

Pero o Celta reaccionou pronto. Moveu ben a bóla e tras un gran pase de Leandro a Chelito situado no segundo pau que bateu a porta baleira do Azkar cun bonito toque de tacón.

O Azkar creou muchísimo perigo en ataque pero a portería estaba ben defendida por un incrible Arrivi que salvou ao seu equipo en moitas ocasións.

A falta de dúas para o final o Celta sacou porteiro xogador co que non obtivo premio, é máis perdeu a Purao por vermella directa e a transformación da infracción por parte de Marcelo en dúas ocasións.

DECLARACIÓNS

Gustavo Montero: ?A primeira parte suscitamos un partido de especulación. Sabiamos que nos ían a presionar e o resultado rompeuse co 2-0. Nós tamén presionamos e co gol de Borrajo, merecido por certo, o equipo creu que podía remontar o partido. A segunda parte tivemos moitas ocasións pero non tivemos sorte?

?Estamos traballando para reforzar o persoal. Os xogadores son os que son e estamos traballando para saír adiante. Calquera xogador de calidade daría profundidade de banquiño. Necesidades claras, unha pechadura e un á-pivot?.

Juliá Naranjo: ?Todo partido en División de Honor é complicado e máis un derbi. Foi un partido moi difícil. Fomos por diante e non estivemos moi acertados de face ao gol e iso fixo que non se pechase antes o choque. Un despite provocou o 1-2. Esta é unha pista moi complicada e malia estar onde está o Celta ten moi bos xogadores e unha moi boa actitude. Co 2-3 puido pasar de todo pero tivemos fortuna e levámonos o partido.

Anuncios

2 Respuestas a “Celta 2 – 5 Azkar Lugo

  1. Nova fichaxe do Celta F.S. Un xogador de contrastada calidade e de certo renome futbolístico no fútbol sala.
    Chega procedente do Calandria, ten 31 anos, internacional arxentino, chámase Carlos Sánchez e ven a ocupar a demarcación de cierre. Polo serán teredes un amplo artigo referente a esta noticia xa que agora estou no curro e dende aqui xa dou grazas porque non me bloqueen esta páxina, pero o de entrar en WordPress xa vai ser moito… Este Gayoso…hehehe

  2. A nova xa está posta na sección de FS dende onte.
    Non o puxen na principal, xk ainda que unha nova importante, debémonos á actualidade do primeiro equipo que afronta unha cita fundamental esta noite.

    Pero seguro q cara o fin d semana Iaguinho nos deleitará cunha ampla reportaxe sobre a nova fichaxe do fs!!

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s