Previa Celta – Vila-real


Previa Celta - Vila RealO Vila-Real visita esta tarde Balaídos disposto a rachar coa estatística que indica que os castellonenses nunca gañaron na primeira división no noso estadio.

O Celta, que recupera efectivos para este encontro, intentarán revertir a desastrosa situación do equipo cando xoga como local e que o está a anclar na zona media da táboa.

Vázquez recupera a Nuñez, Lequi, De Ridder e Gustavo López e terá a dúbida ata o último momento de Ángel, que segue renqueante da súa doenza.

Pola contra, os de Pellegrini seguen a sumar efectivos na enfermería, e aínda que poderá contar cun xa recuperado Riquelme, non poderán contar co concurso de numerosos xogadores, como Nihat, Gonzalo Rodríguez e Pires, ademais dos que caeron nos últimos días: Cygan, José Mari e Cani.

Os de Vázquez deben vencer para recuperar puntos co submarino amarelo, achegarse a Europa, e sobre todo, poder afrontar con tranquilidade o importantísimo encontro do mércores en Palermo.

Ademáis da importancia do propio encontro, haberá máis atractivos esta tarde en Balaídos como a volta de Jose Enrique (estará no banco) ou a posíbel participación dun vigués e ex-céltico como Jonathan Pereira

Os dous equipos poderían xogar coas seguintes aliñacións:

CELTA:

Pinto; Ángel , Contreras, Lequi, Placente; Iriney, Oubiña; Jonathan Aspas, Canobbio, Nené; e Baiano.

VILA-REAL:

Barbosa, Josemi, Álvarez, Fuentes , Arruabarrena; Marcos, Tacchinardi, Senna, Riquelme; Forlán e Franco.

Árbitro: Ramírez Domínguez (Comité andaluz). Campo: Balaídos. Horario: 17.00 horas, p.p.v.

OPINADE SOBRE O ENCONTRO NO FORO


Multimedia

Podedes ver o gol de penalti, marcado por Baiano, que lle deu a victoria ao Celta no enfrontamento do ano pasado.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s