Unione Sportiva Città di Palermo


US Palermo a fondo

O Palermo é un equipo marcado polas desgrazas ata a súa historia máis recente. A escadra transalpina desaparecu dous veces ata que en 1987 volveu por derradeira vez co seu nome actual. O máis salientable que fixo ata estes últimos anos foi ser campións da serie B en catro ocasións. O ano pasado conseguiron a clasificación pra copa da UEFA, no ano máis grande nos anales do equipo. Actualmente está a pasar polo momento máis brillante na sua historia e ocupa a terceira posición no calcio, en liga de campións, con 31 puntos a 7 do líder, o Inter de Milán. Na UEFA, que é o que nos acupa, atópase no cuarto posto con tres puntos, a un do Celta, e so lles vale a victoria.

O ano pasado xa tivo a súa primeira experiencia na competición europea coincidindo no grupo do Espanyol ocupando a primeira praza, aínda que quedou apeado na seguinte rolda fronte o Schalke04 alemán.

O Palermo está adestrado por Francesco Guidolin, o ex do Mónaco, que foi o encargado de ascender ao equipo á serie A e de todolos seus éxitos posteriores. A súa premisa non coincide coa da maioría de equipos italianos, senón que máis ben é todo o contrario, é dos equipos máis goleadores do campionato con 30 goles en 15 partidos.

Os seus xogadores máis destacados son:

Barzagli: Extraordinario central que xa están a seguir os grandes de Italia e do resto de Europa.

Corini: Centrocampista organizador dos que quedan poucos, con unha clase e técnica espectacular, é o motor do equipo. Xogou un par de anos na Juventus.

Amauri: Unha das revelacións do calcio, se segue con esta progresión está chamado a ser un dos mellores dianteiros mundais nun par de anos. Non pode xogala UEFA.

Outros homes a vixiar son Zaccardo (lateral titular coa Italia campiona do mundo este verán), Simplicio (centrocampista con gran chegada e proxección que está a atravesar un momento de forma espectacular, o último partido en liga marcou dous goles), Bresciano (o australiano ten un disparo espectacular) ou Caracciolo (dianteiro de 1,94cm que vai ser titular).

Anuncios

5 Respuestas a “Unione Sportiva Città di Palermo

  1. forza napoliiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiii

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s