Palermo 1 – 1 Celta


O CELTA CLASÍFICASE COMO SEGUNDO DE GRUPO

O Celta vestiuse o traxe europeo nun importantísimo encontro que lle valeu a clasificación para a seguinte rolda da Copa da Uefa.

Cun xogo arrolador, o Celta fíxonos rememorar vellas noites de Copa da Uefa cun fútbol rápido, directo e con caracter gañador. O Palermo, revelación do Calcio Italiano, foi unha mera comparsa na exhibición celeste. 

Os de Vázquez sairon polo partido dende o inicio, e xa no primeiro minuto obrigaron ao meta Agliardi a aplicarse a fondo. Os de Guidolin entregarón o balón ao Celta co obxectivo de facer dano á contra.

A pesar dun par de envestidas rosas, a primeira metade foi un monólogo do Celta. O equipo controlou o encontro con autoridade, con moitos destellos de calidade e desplegando un fútbol vertical, pero volveu estar falto de pegada.

Por este motivo chegamos ao descanso co 0-0 inicial. Ata  o minuto 15 da segunda metade, cando Baiano cun pouco de axuda, rematou de cabeza un centro preciso de Lequi. Era o 0-1 e media clasificación estaba no peto.

O Palermo, ao que só lle valia a victoria, botouse arriba e nun erro defensivo nun balón perdido por Nené (outra vez), puxeron as táboas no marcador. Inxusto empate dos rosinegros que se aproveitaron da candidez do Celta na dianteira.

A partir de aí, o Celta tivo que sofrir, como xa é habitual, ata o final do encontro. Os de Vigo replegáronse xunto a Esteban (que estivo formidábel de novo) e felizmente, mantiveron o empate ata o final, resultado que nos dá a clasificación como segundos de grupo.

Mañá estaremos atentos ao sorteo que nos vai emparexar cun rival Champions, aínda que coa vantaxe de xogar o partido de volta na casa.

O Celtismo volveu a vivir unha máxica noite europea con final feliz. Non puido ser a victoria, pero sí a clasificación. E o mellor, a sensación de que este Celta, cando quere, pode xogar a un moi alto nivel.

Unha vez pasado o grupo da morte, esperemos chegar moi lonxe.

Anuncios

Una respuesta a “Palermo 1 – 1 Celta

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s