Entrevista a J.Vila


Jonathan Vila (Porriño, 1986) converteuse o domingo no estadio Cidade de Valencia no segundo xogador do filial céltico en debutar en Primeira División, tras Dani Abalo en Mallorca. O mércores podería ata ser titular ante a lesión de Oubiña. Vila xa se estreara co primeiro equipo na Copa da UEFA.

-¿Foi diferente a sensación de xogar por primeira vez en Liga?

-Calquera xogador de fútbol ten o soño de xogar algún día en Primeira División e eu son un privilexiado que podo contalo. É algo especial.

-¿Como se sentiu no terreo de xogo?

-Pois moi ben, a verdade. Intentei facelo o mellor posible e gozar do momento.

-O equipo mellorou con vostede no campo cando peor o estaba pasando.

-Neses minutos conseguimos recuperar o control do partido, como o tivemos ao principio do partido. A raíz do seu gol viñéronse arriba e complicáronnos moito.

-¿Esperábase unha tempada como esta?

-En principio desde logo que non. Agora que estou aquí o meu desexo é intentar aproveitalo.

-¿Xa se sente case un xogador do primeiro equipo?

-Aínda non. Sigo pensando que pertenzo ao filial, pero estar aquí é moi importante para min.

-¿E agora vese de titular o mércores, xa que Oubiña segue lesionado?

-O míster sabe que eu estou estou preparado e a ver que decide. Estaría fenomenal, pero hai que ir aos poucos e seguir traballando duro.

-¿É unha motivación para a canteira?

-Dá ilusión e gañas ver que confían en nós.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s