Nova desilusión en Balaidos


Outro empate máis.

Repetiuse a historia de toda a tempada no estadio de Balaidos. Outra vez máis o Celta despregou un fútbol pouco brillante no seu campo e cedeu outros dous puntos. O equipo non foi quen de acadar unha victoria queera realmente necesaria para non descolgarse dos postos UEFA, que agora xa están a 6 puntos, pero cada día vense máis lonxe. Comezanse a abrir ocos na clasificación e o Celta está a quedar no segundo pelotón, o que loita por ser o mellor dos que non se xogan nada.

Comezou o partido cun Celta que quería acadar a victoria, tendo a posesión do balón e combinando ben na media; unha media na que debutaba Jonathan Vila como titular, e o canteirán non defraudou. A Real deixaba moitos ocos nos primeiros compases pero foi o debutante Elustondo que deu o primeiro aviso do encontro nun perfecto testarazo que desviou Pinto a a saque de esquina. O Celta na réplica estuvo a piques de marcar por mediación de Baiano tras un gran pase de Nené pero o brasileiro chegou moi forzado.

A partir de ahi o Celta asediou a portería de Bravo pero o gol non chegaba. Jorge cun maxistral lanzamento de falta fixo levantar a un conxelado Balaidos dos seus asentos, pero o balón pegou no longueiro.

No segundo tempo, todo parecía seguir igual, pero comezaron a faltar as forzas no cadro vigués e comezou a notarse a ausencia de Borja Oubiña (que vai ser de nós cando marche…) pero o equipo Txuri Urdin non foi quen de aproveitar as ocasións das que gozou.

Pero no minuto 79, de novo Baiano, quen senon, estrelou un remate fermosísimo no pao da porteria que defendía Bravo, e o rexeite non puido ser aproveitado por nigún xogador celeste. Nos minutos finais a Real puido levarse os tres puntos nunha contra que desperdiciou Xavi Prieto fronte a Pinto. Xa no desconto reclamáronse dous penaltis que non foron sinalados polo árbitro da contenda.

Con este resultado o Celta suma o seu séptimo empate consecutivo, e a Real acada un puntiño máis para a súa salvación.

Anuncios

Una respuesta a “Nova desilusión en Balaidos

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s