Volve Maric


O atacante serbio Goran Maric volve ao Celta a petición do clube vigués. O xogador, cedido desde principio de tempada polo Celta de Vigo, regresa ao seu clube de orixe para adestrarse co primeiro equipo abandoando, deste xeito, a disciplina amarela ante a falta de oportunidades.

Miguel Anxo Ramírez, presidente amarelo, recoñecía a marcha do atacante: “O Celta pediunos recuperar a Maric, ante os poucos minutos que está gozando no presente curso e facilitámoslle a saída para que poida adestrarse co primeiro equipo vigués. É un bo rapaz e un gran profesional, pero aquí non tivo sorte que seguro se merece. Deséxolle todo o mellor, tanto a nivel persoal como profesional, nesta nova etapa deportiva que se lle presenta. Só teño palabras de agradecimiento para un xogador que este verán fixo todo o posible para poder xogar connosco cando era unha das nosas prioridades. Estoulle moi agradecido por iso, aínda que quero deixar claro que o xogador é o que se marcha e non somos nós os que lle damos a baixa, xa que se o Celta non o pedise, o xogador finalizaría o campionato como amarelo”, suliñou.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s