Partido a vida ou morte


O partido do domingo fronte ao Atlético de Madrid é o máis importante dos que o Celta afrontará este mes, segundo os futbolistas celestes, que conceden ao duelo a categoría dunha final. “É un partido a vida ou morte para nós”, asegurou o defensa central Gabriel Tamas, que recoñeceu a dificultade que suscita medirse a un rival da talla do grupo que dirixe Javier Aguirre.
O internacional rumano recordou que o Celta leva demasiado tempo xa sen gañar -a súa última vitoria data o pasado 11 de novembro, en Riazor- e destacou que enfrontarse a un dos grandes equipos da competición española sempre supón un plus de motivación. “Contra eses equipos hai unha maior motivación e o Atlético de Madrid é unha gran equipo“, dixo Tamas, que calificou a Fernando Torres como “un dos mellores dianteiros de España“.
Diego Placente, pola súa banda, admitiu que os malos resultados dos últimos partidos xeraron certa intranquilidade, pero precisou que o xogo do equipo non está sendo malo. A prioridade, en opinión do lateral porteño, é non fallar máis en Balaídos. “Temos que empezar a gañar como locais xa. Por iso a partida fronte ao Atlético é tan importante”, subliñou.
Placente (do que se especula un posible interés da Roma neste mercado invernal) coincidiu con Tamas ao sinalar que o Atlético é un dos grandes equipos españois e que enfrontarse ao cadro rojiblanco sempre supón un alicente. “Sempre motiva medirche a un gran equipo. Os grandes estánllenos dando ben esta tempada”, recordou.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s