Os problemas do filial


Rematou a primeira volta da Segunda División B, e rematou tal e coma comezou…cunha dura derrota fronte o Racing de Ferrol, o que fai que o filial este sumido nos postos de descenso. Sen embargo  a situación non chega a ser desesperante. Polo de agora o filial está a só tres puntos do decimosegundo posto, e a iso é o que se quere aferrar o filial céltico.

AS ESTATÍSTICAS: Tan só catro victorias, dúas en Barreiro, fronte o Talavera e fronte o Universidade de As Palmas. Coma local acumula 9 puntiños os mesmos que actuando de foráneo. A derradeira victoria foi o mes pasado no encontro fronte o Cobeña (victoria por 1-2). O celta B é o equipo máis goleado (35) e o terceiro que menos marca (19)

AS DIFERENZAS: É evidente que o Celta B ten un problema co gol. Defende mal e desaproveita numerosas ocasións. Isto pasa factura. Precisamente por iso a directiva decidiu repescar a Goran Maric, que non estaba a xogar en As Palmas. Coa súa “fichaxe” recuperamos un dos pilares básicos das tempadas anteriores.

EFECTOS SECUNDARIOS: As lesións e tamén as convocatorias de varios xogadores para o primeiro equipo alteraron o que debe ser un normal funcionamento do filial. Pero este guión estase a repetir nas últimas tempadas, pero que afecta moito máis neste ano. Xogadores como Vila Abalo son xogadores moi importantes no esquema do filial.

ESTILO DEFINIDO: O Celta B non troca o seu esquema de xogo. O adestrador, Rafa Sáez, aposta sempre polo mesmo sistema, pero viuse obligado a cambiar xoghadores por circustancias especiais.
Varios son os futbolistas que xogaron o longo desta primeira volta en varias posicións coma titulares.

A RIVALIDADE: O Celta B non foi quen de gañar ningún dos partidos de rivalidade galega; os chamados “derbys” déronselle francamente mal os celtiñas nesta primeira volta; 4-0 fronte o Lugo na primeira xornada, tamén caeu derrotado fronte o Ourense no campo de O Couto, e fronte o Racing de Ferrol e fronte o Pontevedra os tres puntos voaron do campo de Barreiro. (Fronte o Pontevedra cunha sonroxante derrota por 0-5, cun recital do equipo forasteiro).

AS CONTAS: A fronteira entre a permanencia e o descenso podería establecerse en 45 puntos, se tornamos a vista para tempadas anteriores. De ser as, o Celta B necesitaría sumar 27 puntos na segunda volta, ou o que é o mesmo, 7 puntos máis que na primeira volta; non obstante a igualdade na parte baixa da táboa é a nota predominante neste grupo da Segunda División B.

AMIGABLE

Na tarde de hoxe, as 16:00 o Celta B xogou un amistoso no campo do Melgaço (Centro Internacional de Stages de Melgaço) fronte o Luanda Benfica, equipo da Primeira División de Angola que está a preparar a súa tempada estes días na localidade fronteriza.

O Celta B gañou dito partido por 0-2, congoles de Túñez e do ex do Rápido de Bouzas, Yavhé. Oubo 5 disparos ós paos o que amosa outra vez a carencia de gol do equipo que non remata as ocasións que xenera. Neste partido o Celta B recuperou o bo xogo fornte un rival moi técnico, que xogou, e deixou xogar, o que permitiu os pupilos de Rafa Sáez disfrutar de momentos de moi bo fútbol.

A nota negativa deste encontro foi a lesión de Goran Maric, quen probablemente será baixa para o encontro tan importante deste fin de semana fronte ó Lugo no campo de Barreiro. Previsiblemente Maric sofre un esguince de xeonllo e terá que descansar durante un par de xornadas para volver entrar na convocatoria. Agardemos que se recupere canto antes

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s