Félix recoñece o interese por Mido


O director deportivo do Celta, Félix Carnero, recoñeceu onte que o club vigués está interesado na contratación do dianteiro exipcio do Tottenham Mido. Félix admitiu falar co axente do xogador, aínda que tamén recoñeceu que a operación é moi complicada de levarse a cabo, xa que Mido ocupa praza de extracomunitario e o Celta agora mesmo non ten ningunha libre: “Está complicado. Agora non temos praza para el. Non nos importaría que volvese, pero está moi difícil”. O outro gran obstáculo é a elevada ficha que ten o futbolista africano. “Gaña unha cantidade de diñeiro moi elevada e teriamos que pagar como mínimo a metade. Para nós sería moi complicado facernos cargo desa metade da ficha“, indicou Carnero.

Do que non ten ningunha dúbida o director deportivo do Celta é que o xogador pode estar interesado en volver catro anos despois a Vigo: “Posiblemente el queira vir a Vigo e intente vir ao Celta. Aquí xogou ben, tratóuselle e sentiuse ben, pero agora mesmo non pode vir porque non temos prazas”.

Pot outra banda Félix dixo que a nacionalización de Iriney está preto de chegar ao seu fin, e tratarán de apurar o proceso pra liberar unha praza de extracomunitario antes de que finalice o mercado invernal o 31 de xaneiro. Con respecto ao tema de Nené, dixo que se chegase unha oferta en firme estudiaríase e tomaríase unha decisión. Por outro lado confirmou o interese por Rosenberg, aínda que a súa chegada está moi lonxe xa que o Ajax quere traspasalo e o Celta tan so o quere cedido.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s