Victoria do Gestibérica


Por fin; O Gestibérica rompeu a xeira negativa de resultados cunha victoria onte fronte o Cibo Lliria; unha victoria que axuda e moito a mirar cara o futuro con optimismo.

Os vigueses tiñeron algún que outro problemiña para coller confianza no tiro nos primeiros entres de encontro; custaba moito anotar. Os problemas defensivos foron bastante importantes sobretodo nos dous primeiros cuartos.


A falta de concentración fixo que Quino Salvo pedira un tempo morto que arranxou as cousas a pesar de que as transicións ataque – defensa foron constantes.

No segundo cuarto o Gestibérica comezou metido en xona o que se lle atragantou os valencianos, o que permitiu os vigueses coller unha lixeira ventaxa, que chegou a ser de 6 puntos nalgúns momentos, pero o banquiño visitante reaccionou e deu entrada a Sydney de Santana que axudou a igualar o marcador no descanso onde se chegou co resultado de 39 – 41 para o equipo visitante.
Os 2,15 do pívot valenciano foron un quebradeiro de cabeza para o equipo de Quino Salvo que viu como dous xogadores moi importantes como Rod Smith e Alex Allocati cometían a súa terceira falta persoal polo que foron sentados no banquito; Pode que quizais por ese motivo no minuto 5 do segundo cuarto produciuse un feito que non pode pasar desapercibido; Xuntáronse no quinteto de Quino Salvo 2 xogadores vigueses; Manu Ferreiro, un vigués de 16 anos, e Fernando Vidal. Pero este sono tan só durou 3 minutos.

No terceiro cuarto a zona plantexada polos vigueses si que xurdiu o efecto desexado e os valencianos comezaron a perder balóns en ataque e en defensa non podían co xogo interior do Gestibérica. En 5 minutos os vigueses puxéronse 10 por diante no marcador.

O último cuarto comezou a torcerse por mor de dúas pérdidas de balón case seguidas o que reduxo a diferenza a 5 puntos o que meteu o medo no corpo ós vigueses. A xogada seguinte nun claro error arbitral fixo que os de Valencia se puxeran a tan só tres puntos no marcador, pero Quino Salvo reaccionou cun tempo morto a 5 do final cando o marcador estaba 67 – 66.

A fortuna dos do Cibo Lliria rematouselles no peor momento. Isto combinado coa seriedade defensiva do Gestibérica fixo que acadasen unha ventaxa suficiente para vivir os derradeiros minutos cunha relativa calma.
E todo isto sucedeu no Pavillón de As Travesas forote máis de 2000 afeccionados que están amosando que o baloncesto tamén é un deporte que ten tirón na cidade olívica.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s