Previa Xetafe – Celta


Chega o momento da verdade. Despois dunha semana na que estivemos envoltos nunha psicose colectiva por mor dos malos resultados do equipo, hoxe o Celta terá a primeira oportunidade para zanxar esta crise.

Partido trascendental o de hoxe que pode aliviar un pouco a situación, ou ben colocar ao equipo nunha posición máis que compricada co agravante da vindeira saída ao Camp Nou.

Por terceira vez nesta liga, Fernándo Vázquez poderá contar co seu once de gala, grazas á recuperación de Ángel e Iriney. Só quedan fóra da lista para este partido, Lucas, P.Garcia, Perera e Jorge. Deste xeito o Celta volverá ao seu debuxo habitual con dous pivotes e recuperará a Gustavo como titular en detrimento de Guayre.

Enfrontámonos a un Xetafe que ven pletórico despois de vencer na Copa do Rei ao Valéncia por 2-4. Os de Bernd Schuster están a facer unha gran campaña, como xa é habitual, achegándose a súa primeira clasificación europea na historia.

Os de Schuster enfrontaránse ao Celta, rival ao que respectan pola sua “enorme calidade”, terán as baixas de Redondo mancado e Celestini sancionado. Especial atención a Nacho, autor do gol do empate ante o València e que está a facer unha moi boa temporada grazas ao seu entendemento con Güiza.

Poderemos seguir este trascendental partido en directo a través de TodoCelta RADIO.


TEMPORADA 2005-2006

Ao igual que nesta campaña, o Xetafe foi o último rival do Celta na primeira volta e no final do campionato. Caprichos do calendario.

Xetafe - Celta 2006O ano pasado, a visita a Xetafe saldouse cun empate a uns <<in extremis>> grazas , como en tantas ocasións, á boa intervención de Pinto, nun partido que foi un monólogo dos de Xetafe e que só Ángel, a balón parado puido empatar.

O partido da segunda volta foi outro cantar. Un Celta xa clasificado para Europa enfrontábase ao Xetafe nun partido que serviu de homenaxe a Giovanella e de tributo a San Gustavo López no que se pensaba que sería o seu último encontro coa elástica celeste.

Despois do choque-homenaxe, festa na praza das Travesas. Podedes ver estes videos en DDC – DetrasdoColexio.com

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s