Polideportivo


TodoCelta ofrécevos unha nova sección con amplos artigos sobre os diversos equipos de élite da cidade de Vigo.

Dentro deste artigo poderedes coñecer en profundidade as últimas novas do deporte vigués.


O CELTA B ASÓMASE O ABISMO TRAS CAER FRONTE O LUGO

Inda por riba Richi estará unhas tres semanas de baixa.

O CYSUGAL SEN OPCIÓN FRONTE O NOIA

O VALERY KARPIN DA A CARA FRONTE O UNICAJA ALMERÍA

O VIGOURBAN SEGUE CAENDO EN PICADO

O RÁPIDO DEIXA ESCAPAR 2 PUNTOS e O CORUXO PONSE A 4 PUNTOS DO LIDER

O PILOTES EXHIBE A SÚA CONTUNDENCIA

CELTA B

O Celta B estrelouse contra o Lugo, un equipo de perfil plano que tan só disparou a porta unha soa vez, pero marcou. Esa foi a diferenza no partido disputado en Barreiro. Sergio, un xogador rocoso fixo a xogada da súa vida; Superou a toda a defensa celtiña nun grave erro colectivo, e acadou o tanto do triunfo para o seu equipo. Armouse entón o Celta B de paciencia para superar a un rival que se sentiu cómodo no campo de Barreiro, pero atravesou por numerosas dificultades. O filial céltico encerrou o seu adversario e ademáis comezou unha longa lista de ocasións desperdiciadas. Estaban Maric e Matías Alonso lesionados, e Joselu foi o dianteiro titular. pero este contaxiouse do mal fario que persegue a tódolos que últimamente xogan nesa posición. Os locais atopáronse cun xogador máis o inicio da segunda metade, pero tampouco foron capaces de aproveitar a superioridade numérica. O Lugo seguiu parapetada atrás e moi errático no ataque. Os vigueses sumaron a súa terceira derrota consecutiva, o que os mantén nos postos de descenso e nunha situación o borde da desesperación.

Para colmo de males, Richi foi ingresado na Clínica de Fátima o sufrir unha fisura no peroné no minuto 62 de encontro. O tempo estimado de baixa será de tres semanas e non será operado, segun o parte médico oficial. O xogador lesionouse o realizar un xiro en carreira e sen ter contacto con rival algún. Os xestos de dor deixaron unha gran preocupación na bancada. Richi anteriormente estivo de baixa por unha rotura no abductor.


CYSUGAL VIGO STICKO Noia tiña unha pequena espiña clavada co Cysugal dende a primeira volta onde os vigueses estiveron perfectos en defensa e conseguiron manter a súa portería a cero. Poida que iso fixese que os cataláns se tomasen o partido de onte como unha final.
Os dous minutos de xogo Freixas inauguraba o marcador, pero o Cysugal reaccionou ben nunha contra establecendo o 1-1 gracias a unha perfecta xogada de contragolpe culminada por Brandoni.Pero a partires dese momento o Noia púxose serio e comezou un recital de xogo e inda por riba cunha contundencia arrolladora, como amosou con tres goles nas tres seguintes xogadas. Albert Balagué non puido facer nada fornte eses disparos de Pepe Varias (2 goles) e Xavier Brichs. Antes do minuto 10 o marcador reflectía un claro 4-1.O Noia seguiu atacando e amosando todo seu potencial ofensivo. Varias completaba seu recital nunha primeira parte demoledora (6-1). Pese a todo o Cysugal apelou ó seu orgullo e na reanudación buscou o imposible. Un penalty transformado por Cortijo e un gol de Cairo maquillaba o resultado pero a partir do 33 de xogo volveron caer outros dous goles para o Noia.


VALERY KARPINO Vigo Valery Karpin deu na tarde do sábado a cara fronte o Campión de Copa ; o Unicaja Almería, un dos aspirante a acadar o título de Liga.
Durante toda a semana o equipo vigués conxurouse para sair a cancha almeriense consciente da entidade do rival pero disposto a dar guerra, e abofé que o conseguiu xa que forzou o quinto e definitivo set.O primeiro set foi moi igualado algo que fixo xurdir os nervos no equipo local inda que os seus homes máis expertos acadaron os puntos definitivos (25-23). No segundo set todo parecía que ía ser igual, cos locais gozando de lixeiras ventaxas, pero os vigueses sorprenderon e superaron o Unicaja por xogo e por loita. (23-25) O empate daba novas alas os visitantes, inda que dende o comezo do tercer parcial, os locais asumiron o papel de favoritos e mantuveron ata o final (25-20).O cuarto set parecía que ía ser o definitivo, pero novamente os de Pablo Alonso marcháronse no marcador e souberon manter a ventaxa ata o finale acadaron a victoria no cuarto set (21-25)O quinto parcial, que en moitos casos termina sendo unha lotería, foi moi igualado pero novamante os locais souberon manter o nivel dos seus sets gañados. O técnico local realizou varios cambios que lle deron resultado, e iso cunto coas decisións arbitrais, de tendencia casera, rematou por inclinar a balanza para os almerienses (15-10). A próxima xornada os vigueses reciben ó Granada.


RÁPIDO DE BOUZASGran partido disputado entre o Rápido e o Cerceda, lider do seu grupo de terceira división. O Cerceda tentou levar o peso do encontro, pero o Rápido estibo ben plantado sobre o terreo de xogo. Cando se cumplía o minuto 56 de partido, unha man inocente de Davis Rey serviu para que o colexiado sinalase o punto de penalty. O Rápido anotaba a sí o primeiro da tarde por mediación de Ces.
A pesar de las ganas y el empuxe de los jugadores de Ramiro Sorbet, o Rápido seguía a chegar con certo perigo á meta de Damián, quen no minuto 64 despexou a corner unha gran ocasión do equipo vigués.
No minuto 79 unha zancadilla de Toño a SOuto no área concedeu un penalti que non desaprobeitaróa César para empatar asi o encontroCORUXO

O equipo de Fonsi amosou unha condición de gol que ata o de agora estaba moi mermada. Nembargantes, durante os primeiros 15 minutos dominou e creou algunha situación de gol como a que dispuxo Óscar fronte o meta visitante Albor, e éste arrebatoulle o esférico dos pés nunha sensacional intervención.
O Coruño dominaba pero o Lalín se refixo a partir do minuto 20 e ocupou a plaza do mediocampo pero sen conseguir tirar nin unha vez á porta de Menduiña. Despois de ese lixeiro dominio dos pontevedreses o Coruxo apoderouse do terreo de xogo e cando xa estaba morrendo o primeiro tempo, chegaron dous goles seguidos que minaron a confianza do Lalín, equipo da didade que me viu crecer.

Na continuación, ós dous minutos, Rubén acadaba o 3-0. No minuto 52, penalti por derribo de Antúnez, que lanzaría el mesmo, pero Albor desviaría o balón fora. O 4-0 chegou no minuto 54 con outro penalti sinalado a Cea por derribo a Antúnez; lanzou Costas.
No minuto 63 unha falta lanzada por Javi Millos rematou no fondo do marco de Albor. E o 6-0 chegaría no minuto 69 obra de Vicente a pase de Beiro. O gol da honra conseguiuno Nando lanzando un zapatazo dende fora do área.
Xusto resultado no campo do Vao que lle da alas ó Coruxo fronte un Lalín que quixo pero non puido.


VIGOURBAN Nin o orgullo nin a casta foron suficientes para que o Celta Vigourban non sumase a súa novena derrota consecutiva no campionato ligueiro. As viguesas chegaron con opcións o último minuto pero amosaron que inda falta moito para sair deste bache.
O principal problema é oacerto de cara a canasta. Foi un partido onde as viguesas buscaron un ritmo lento para que as súas carenzas en rebote non se puidesen dar tentando tan so un tiro. Pero esa selección de tiro non foi a apropiada tal e como reflicten as estatísticas (0 de 12 en triples e 18 de 48 en tiros de 2).
A pesar de todos estes problemas conseguiron estar metidas no encontro en todo momento e incluso no segundo cuarto foron quen de poñerse 6 arriba.
No comezo do terciero cuarto un parcial de 0-12 en 4 minutos sentenciou case que todas as opcións das viguesas. Nos primeiros minutos do derradeiro cuarto estaban en cancha: Cristina Cantero, Paula Seguí (24 anos), Alba Torrens (17 anos), Tamara Abalde (17 anos) y Bea Rey (17 anos). Inda así as leonesas tan só gañaban por 5 puntos á 5 minutos para o final, pero a falta de un minuto acabaronse as forzas das rapazas e as leonesas sentenciaron o encontro. A derrota deixa o equipo vigués en postos de descenso xunto co Ensino de Lugo e con moitos problemas o non poder contar con máis que unha extranxeira xa que Leila de Souza e Ivana Vorackova non participaron.


PILOTES POSADA O Octavio acadou unha importante victoria na súa visita a terras catalanas tras desfacerse do OAR Gracia Sabadell sen moitos promblemas.
O equipo galego basou seu triunfo nun podersoso despliegue defensivo e un ataque contundente e moi rápido. Tras o descanso o equipo dirixido por Ramón Cabañas adicuose amanter o resultado. Os galegos amosaron onte que son un dos equipo máis fortes da Division de Honra B.
Con esta victoria o Octavio (25-31) segue en postos de ascenso e supón unha importante inxección de moral para o partido do próximo domingo en As Travesas fronte o Prasa Pozoblanco.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s