Mouriño ratifica a Vázquez e pide calma


Despois dos diversos rumores acerca do equipo que circulaban onte, como o suposto interese do Celta por adestradores como Vicente del Bosque ou José Antonio Camacho, Mouriño nunhas declaracións feitas repasou a actualidade do equipo e aclarou algunhas cousas.

Con respecto a Vázquez dixo que aínda que perdese no Camp Nou, a súa situación non trocaría e seguiría co respaldo total da directiva, que neste momentos segue depositando todas as esperanzas no de Castrofeito. Polo tanto o partido do Nastic na casa non sería un ultimátum. Mouriño afirmou sentirse preocupado pola situación actual do equipo pero non asustado. Afirmou que hai que mirar cara arriba e non ao descenso, e que nesa situación é cando o equipo ponse máis nervioso. Achacou a actual crise do Celta á presión e a tension coa que os xogadores afrontan os partidos, sobre todo na casa.

Con respecto aos fichaxes, Mou non dixo nada novo. Están a sondear o mercado e tentarán facer un esforzo pra contratar a alguén porque coa lesión de Perera o plantel quedou moi xustiño. Falou de que xa non poden fixarse tanto en que sexa un xogador de futuro e que están a estudiar todo o mercado co único obxectivo de atopar a alguén que axude ao equipo ata final desta tempada.

En resumo, o presidente, Carlos Mouriño e a súa directiva lanzaron unha mensaxe de continuidade e tranquilidade nestes intres tan convulsos e complicados pra o celtismo.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s