Zsolt Limperger, o xogador efémero


Hoxe é momento de deterse nun xogador que non tivo moita sorte na súa chegada ao Celta: Zsolt Limperger.

O xogador naceu en Budapest (Hungría) o 13 de setembro de 1968. Desde pequeno xa comezou a despuntar e os grandes equipos hungaros fixáronse en el. Finalmente foi o Ferencvaros quen se fixo cos servizos do centrocampista. No ano 1985 xogou o campionato do mundo sub 17 xogado en China, sendo titular en todolos partidos e completando unha actuación extraordinaria. Despois de xogar 6 anos no Ferencvaros, o xogador chegou a España na temporada 1991-92 ao Burgos. Debutou na liga española o un de setembro de 1991. Xogou no Burgos tamén a seguinte temporada que finalizou co descenso do equipo. Comezou a 1993-94 co Burgos tamén, pero no mercado invernal recalou en Vigo, en calidade de cedido.

Limperger chegou a Vigo pra reforzar a medular do equipo vigués, bastante debilitada naqueles intres. Fixo o seu debut o 29 de xaneiro de 1994 no derbi fronte ao Deportivo no estadio de Balaídos. Tras uns primeiros compases esperanzadores, Limperguer caía mancado aos 13 minutos de xogo debido á rotura total do tendón de aquiles. Esta, foi unha lesión fortuíta xa que produciuse sen que ningún xogador coruñés estivese preto do hungaro. Esta doenza ramataría coa súa etapa en Vigo e Limperger non volvería a vestir a zamarra celeste.

O ano seguinte o xogador xogaría no Mallorca e posteriormente volvería ao seu país pra rematar a súa carreira profesional no equipo dos seus amores, o Ferencvaros. Limperger foi 22 veces internacional coa selección absoluta húngara e marcou 3 goles na primeira división.

Zsolt sempre será lembrado polos celtistas coma unha das fichaxes máis desilusionantes da historia do Celta. Foi un centrocampista defensivo con moita brega e un gran disparo, pero a mala sorte cebouse con el, e so durou uns poucos minutos como celtiña. Nas declaracións posteriores ao partido mostrábase moi triste (case chorando) e dicía: “Foi unha desgraza, porque agora que comezaba no Celta unha nova étapa na miña carreira chega esta lesión de importancia”.

Zsolt Limperger, sen dúbida un dos xogadores con peor sorte no Celta.

Anuncios

6 Respuestas a “Zsolt Limperger, o xogador efémero

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s