Jimmy Hagan, o “kaiser” da defensa


Hoxe na sección de mitos celestes é o turno de: Jimmy Hagan.

Jim Hagan nado o 10 de agosto de 1956 en Monkstown, Irlanda do Norte. O central irlandés comeza a súa carreira no Larne (equipo da liga irlandesa) na temporada 1974-75. O seguinte ano, é dicir no 1976, gaña o galardón de xogador xoven do ano na liga do Ulster e no ano 77 é trapasado ao Coventry da Premier League onde xoga tres tempadas. As lesións non lle respetan e apenas pode xogar en Inglaterra polo que ten pasos breves por algún equipo da segunda inglesa (Torquay United), por EEUU (Detroit Cougars) e ata por Hong Kong (Seiko). Despois doutro desaparcibido paso polo Coventry, Hagan chega a outro club da mesma cidade, o Birmingham City, onde permanece cinco anos convertíndose nun dos xogadores máis importantes do equipo.

En 1986 chega ao Celta de Vigo, afundido na segunda división, como reforzo de luxo pra intentar o ascenso. Nesta liga (famosa por ser a liga máis longa da historia xa que incluía play-offs) os vigueses acadan o ascenso na promoción despois da famosa victoria en Riazor e o empate en Sestao. Neste Celta xogaban homes como Baltazar e estaban adestrados por Colin Addison. Na seguinte tempada (1987-88), xa adestrados por Maguregui, Hagan completa unha liga excepcional e é elixido o xogador máis limpo da primeira división. Aínda permanece outro ano máis no celta (1988-89) e volve a amosar a súa regularidade.

En novembro de 1989 finaliza a súa traxectoria no Celta. Despois xogaría outra vez no Larne (1989-90), no Ik Oddevold sueco (1990-91) e no seu regreso ao seu país no Ballymena United como adestrador-xogador (1991-92 ata 1993-1994), no Carrick Rangers (1993-1994), outra vez no Larne tamén como adestrador-xogador (1994-95), no Crusaders (1994-95) e no Coleraine (1995-96). No ano 2005 volveu a adestar ao seu equipo da vida (o Larne) pero sen moita sorte xa que foi cesado debido a unha mala racha de resultados.

Hagan foi un dos mellores defensas na historia do Celta. Case insuperable no un contra un, era moi rápido, sacaba o balón xogado desde atrás coma os mellores mediocentros e non precisaba de brusquedades á hora de cortar o avance rival. Ademais tiña un bo xogo aéreo e rara vez tiña un erro de concentración. “Jimmy“, como se lle chamaba en Vigo, xogou un co Celta un total de 59 partidos en dúas temporadas e media e non marcou ningún gol.

Jimmy Hagan, un superclase na defensa.

Anuncios

2 Respuestas a “Jimmy Hagan, o “kaiser” da defensa

  1. Pingback: Pepe Villar, un celtista de pro « TodoCelta - Celta de Vigo·

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s