Barça 3 – 1 Celta


Todo aconteceu segundo o previsto. Non houbo marxe para as sorpresas. O grande comeu ao pequeno grazas a súa maior calidade e superioridade. Aínda así, e por se o grande se encontrase con algún problema, hai estaba o colexiado, disposto a decidir o partido e converterse en protagonista.

O Celta perdeu onte en Barcelona nun encontro que xa se presumía farto compricado, pero no que os de Fernando Vázquez intentaron loitar para non morrer antes de comezar. Os celestes intentaron plantar cara aos campións de Europa, afogando o medio campo e aguantando as embestidas blaugranas.

Un erro na marcaxe de Lequi permitiu que Saviola rematase de cabeza á pracer ata o fondo das mallas de Pinto.

O Celta comezou a segunda metade acuciado pola necesidade e intentouse botar arriba. O estatismo habitual da liña de mediapuntas, agravado onte por un Gustavo López desdebuxado, obrigou a subir a xogadores máis retrasados.

Esto foi o que fixo Ángel, que se meteu como un diaño na área e provocou un riguroso penalti de Gio que o arbitro sinalaría. Nené engrosou os seus números marcando o penal e contabilizando seis goles nesta liga.

Os de Vázquez, como era de esperar, intentaron amarrar o resultado. Moi ordeados defensivamente fixeron un muro dificil de romper para os de Rijkaard, grazas en parte tamén a gran actuación de Pinto que realizou tres paradas de mérito.

Pero neste momento, apareceu Delgado Ferreiro, en plena festividade arbitral, para facer o regaliño habitual ao conxunto local. Unha falta dubidosa fóra da área converteuse en penalti cunha facilidade pasmosa. Tan seguro estaba o colexiado que refusou consultalo cun asistente que discrepaba da súa decisión.

Regalo de tal calibre non se podía desperdiciar, e asi o fixo Ronaldinho, facendo un lanzamento imparábel e marcando o 2 -1 .

A partir de aí , pouco máis que contar. O Celta mellorou coa entrada duns entoados Nuñez e Guayre, ainda que xa á desesperada. Deste xeito, nunha contra mortal de Guily, o partido remataba co 3-1 final.

O Celta queimase na clasificación. Convertidos agora na referenza do descenso, esperannos dúas citas moi compricadas no inferno de Balaídos. O domingo recibiremos a un Nàstic desbocado que lle endosou catro ao Espanyol para despois recibir aos periquitos e finalizar este periplo catalán que nos pode abocar ao descenso.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s