Todos co Celta. Todos á Madroa


Federación de Peñas

Ante o delicado momento que atravesa o noso equipo e co ánimo de apoiar ós nosos xogadores e técnicos a FdP solicita de toda a afección o seu incondicional apoio no partido do próximo domingo fronte ó Gimnàstic de Tarragona.

Desexamos que Balaídos rexistre a mellor entrada da temporada e que todos sexamos unha soa gorxa que berre e anime ata quedar sen folgos durante os 90 minutos, e que nós -o xogador número 12- sexamos a espoleta que axude a reverter a actual situación deportiva do equipo.

A FdP quere desta vez dar un paso máis no seu apoio ó equipo e por elo vai iniciar a súa particular animación o sábado pola mañá nas instalacións deportivas de A Madroa. Por elo a FdP poñerá, gracias a axuda facilitada polo RC Celta, autobuses ata A Madroa para todos os siareiros celtistas que queiran ir a animar os nosos xogadores e técnicos.

Os autobuses sairán dende o estadio de Balaídos ás 9:30 fronte ás oficinas da FdP (ó lado da porta nº 8) regresando ó remate do adestramento. Os interesados en acudir deberán previamente poñerse en contacto coa FdP para contratar os autobuses necesarios.

Horario de oficina: mércores e venres de 16 a 19 horas ou nos teléfonos 986 202829, 636 470057 ou 661 012701.

Esta non será a única medida que se porá en marcha por parte das peñas e do clube para o partido fronte ao Nástic. Pronto desvelaremos en TodoCelta máis sorpresas.

Anuncios

2 Respuestas a “Todos co Celta. Todos á Madroa

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s