Vázquez manda


Fernando Vázquez saiu moi reforzado da reunión do pasado luns. Quizáis este sexa o momento no que o de Castrofeito goza de maior autoridade dentro do vestiario.

Mentres unha parte do celtismo da saltos de alegría, outra segue tirándose dos pelos. Pero os que semellan pechar filas co adestrador, son os integrantes do plantel e do corpo técnico.

GUSTAVO LÓPEZ

O arxentino amosou a súa conformidade coa decisión tomada.

“Estamos nunha situación complicada pero creo que aínda se pode sacar adiante”. “Paréceme unha decisión correcta e esperamos facer todo o que estea nas nosas mans para gañar o partido do próximo domingo”. “Creo que é unha decisión acertada a que tomou a directiva respecto ao técnico”

.

JESÚS PERERA

O pacense, aínda convaleciente da súa lesión tamén apoia a ratificación do adestrador, a pesar de non estar no seu momento dentro do equipo.

“Está claro que se merecía a confianza da directiva, o voto de confianza que lle deron”, dixo ao recordar o ascenso a Primeira e a clasificación para a UEFA que o Celta conseguiu con Vázquez. “Creo que tiveron en conta outras cousas”, sinalou o pacense ao recoñecer que os resultados “non están acompañando e son os que marcan aos adestradores”.

ANTONIO NÚÑEZ

O madrileño, que pouco a pouco, está a volver a entrar no equipo tamén se amosou satisfeito coa decisión tomada pola directiva.

“Non me sorprendeu. Non sabía moi ben o que podía pasar pero me parece ben que as cousas agora mesmo mantéñanse estables porque creo que sempre se traballa mellor así que cambiando todo”. “Que o club demostre que está contigo dáche forza para sacar adiante ao equipo”

.

FÉLIX CARNERO

Por último, o secretario técnico do clube tamén quixo amosar a súa conformidade na decisión de continuismo tomada polo consello.

Incluso atrévese a afirmar que a situación de Vázquez dentro do clube saiu moi reforzada despois da ratificación.

Félix, que viviu unhas horas de tensión moi grandes nesa maratoniana noite de luns, tal como puidemos contar en TodoCelta RADIO, tivo que sondear o mercado en busca dun posible substituto. De todos xeitos, califica ao de Castrofeito como “a mellor opción”

Anuncios

2 Respuestas a “Vázquez manda

  1. dende a peña os carcamans mostramos o noso total apoyo a fernando vazquez.
    xuntos sairemos desta situacion
    ala celta

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s